The Lamb Who Came for Dinner é un álbum ilustrado por Joëlle Dreidemy e escrito por Steve Smallman. Os protagonistas da historia son unha ovelliña e un lobo, e “a ovelliña que ven cear” é probable que se acabe convertendo na propia cea, xa que o lobo parece ollar un libro de receitas para cociñar un estufado de ovella.

Contido O conto relata a historia dun solitario e famento lobo que está farto de comer sempre caldo de verduras. Inesperadamente, unha noite moi fría, peta na súa porta unha pequena ovella que se encontra perdida no nevado bosque. O lobo, moi astuto, convídaa a pasar a súa casa, pensando que estará deliciosa convertida en estufado. Antes de comezar a cociñala trata de asegurarse de que a súa futura cea atópese nas mellores condicións: coida de que non teña frío, fame, impo ou sono. Á par que lle ofrece todos os coidados, vaise encariñando da pequena ovella e cando se dá conta dos seus sentimentos pídelle que se vaia da súa casa porque el é “un lobo grande e malo” e se queda vaina comer. Ao cabo dun tempo o lobo comeza a imaxinarse a pequena ovella na escuridade do bosque perdida, conxelada, devorada por outro animal... e velozmente sae a buscala. Porén, non consegue atopala pero cando volta para a súa casa... encóntraa no medio do salón! A ovelliña non tiña outro sitio a onde ir e o lobo decide que se quede a vivir con el, xa que “non pode comerse a unha ovelliña que o necesita! Podería darlle ardor de estómago!”.

Véxase tamén Bibliografía Smallman, S. (2012). La ovejita que vino a cenar. Ilustr. de Joelle Dreidemy, Trad. de Alberte Montserrat. Barcelona: Beoscasa, Col. Ya sé leer.  [a partir de 4 anos], [32 pp.]. ISBN 978-84-488-2454-9.

Categoría:Literatura infantil Categoría:Contos Categoría:Obras literarias de 2006