María Cruz Seoane Couceiro, nada na Coruña en 1935 e finada en Madrid o 24 de xuño de 2014, foi unha historiadora galega, especializada no estudo da prensa e o xornalismo.
Traxectoria Nada na cidade da Coruña en 1935, residiu dende 1953 en Madrid, en cuxa universidade se doutorou. Exerceu a docencia na Universidade Carlos III. Chegou a ser descrita como «unha das maiores especialistas na evolución do xornalismo español» e «a máis salientable historiadora da prensa española», segundo Salvador Giner. Casada co escritor Daniel Sueiro dende 1957 até a morte deste en 1986, Cruz Seoane finou de cancro en Madrid o 24 de xuño de 2014.
Foi autora de obras como El primer lenguaje constitucional (Las Cortes de Cádiz) (1968), Oratoria y periodismo en la España del siglo XIX (1977), Historia del periodismo en España, obra de tres tomos escrita xunto a María Dolores Sáiz, Una historia de El País e del Grupo Prisa (2004), xunto a Susana Sueiro, e Cuatro siglos de periodismo en España. De los avisos a los periódicos digitales (2007), de novo xunto a Sáiz, entre outras.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 2014 Categoría:Finados por cancro Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Carlos III de Madrid Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá