Eumelo de Corinto (, Éumelos ho Korínthios), fillo de Anfílito, foi un poeta épico grego de Corinto. Membro da familia real dos Baquíadas, viviu a mediados do século -VIIIPausanias, Descripción de Grecia, II, 1,1..

Traxectoria Atribúenlle, co nome de Corinthiaca, unha epopea histórica en honra da súa cidade no que outorgou un pasado lendario a Corinto que fixese esquecer o seu sometemento a Argos durante a época micénica. Tamén é autor de Europia, outro poema épico do mesmo xénero. Tamén lle atribúen Bugonia, ao que se refire Marco Terencio Varrón, cuxo tema se descoñeceMarco Terencio Varrón, De re rustica, II, 5.. Tamén compuxo unha Titanomaquia e un poema titulado Regresos.

Por último, é coñecido por ser o autor dun canto prosódico (procesional) en honra de Apolo da delegación que os mesenios enviaron a Delos, en tempos do seu rei Fintas, do que subsisten dous hexámetros:Pausanias, op. cit., IV, 4, 1.

«pois ao Itomata lle foi agradábel a musa, a que puras e libres sandalias ten».

Pausanias, op. cit., IV, 33, 2.

Hai obras sobre a historia de Corinto que lle atribuíron e non son súas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía West, Martin Litchfield (2002). «Eumelos: A Corinthian Epic Cycle?». () (Londres) (122): 109-133. 

Ligazóns externas

Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Personalidades de Corinto na Antigüidade Categoría:épica Categoría:Escritores en lingua grega Categoría:Nados en Corinto