Anolis gorgonae é unha especie de réptil escamoso da familia Polychrotidae. É endémico da illa Gorgona, en Colombia. É de cor azul agrisado; vive no interior da selva de Gorgona a adoita permanecer nos toros das árbores.
Estado de conservación Por mor do hábitat illado e a natureza esquiva de A. gorgonae, foi difícil estimar exactamente a súa poboación, mais os expertos sinalan que está en perigo de extinción. A especie está a ser devorada polo introducido Basiliscus galeritus e está ameazada pola deforestación. O maior dano causado no hábitat de A. gorgonae ocorreu cando se construíu o cárcere de Gorgona no interior da illa na década de 1950. Suxeriuse que algúns exemplares fosen capturados para un programa de reprodución en cativerio.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Anolis gorgonae e Basiliscus galeritus
Categoría:Lagartos Categoría:Animais descritos en 1905