Auto do prisioneiro é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada no nº 28 da revista Grial en 1970 e escrita no ano 1969. Foi reeditada en 1971 e 1982.
Foi representada pòr O Facho en 1974 e 1975, por Breogania en 1974 e Terceiro Andar en 1981.
Personaxes O prisioneiro A nena O gardián O oficial A nai Laura Amiga primeira Amiga segunda Amiga terceira Amigo primeiro Amigo segundo Amigo terceiro
Desenvolvemento A acción desenvólvese toda na cela do prisioneiro: porta da Dirección, porta do cuarto de baño, porta do ascensor, mesa, cadeiras, teléfono. Escena I A Nena pregúntalle ao prisioneiro se está preparado para a morte, se leva o caristel co pan e o viño para o camiño. Escena II Sen diálogo. Toque de diana, o prisioneiro érguese. Escena III Entra o gardián co almorzo, coméntalle ao prisioneiro o ben que vive, que ata pode recibir visitas, vive mellor ca el. É o día do seu aniversario e felicita o preso. Escena IV O prisioneiro recibe varias chamadas de teléfono: da nai (quéixase de que o pai non lle colle o teléfono), de Laura, de... Escena V O gardián recolle o almorzo e fálalle do Director, da súa inaccesibilidade, da sorte que ten o prisioneiro de ser seu fillo. Escena VI O prisioneiro marca no teléfono e ninguén lle responde. Escena VII Longo parrafeo do oficial co prisioneiro. O tema seu pai, o Director, e a imposibilidade de acceder a el, de constatar a súa presenza. Escena VIII Entra a nai do prisioneiro, o oficial saúdaa. Escena IX Felicítao e el pregúntalle por que está preso, tamén polo pai e pola súa existencia. Tampouco ela lle aclara nada. Chama ela no teléfono e tampouco lle collen. Escena X Entra Laura e saúda o prisioneiro e a nai. Escena XI Laura tenta convencelo de que esqueza o pai, que xa ten trinta anos, debe saír do niño. Escena XII Os amigos e amigas celebran con Laura o aniversario do prisioneiro. Escena XIII Entra tamén o gardián a celebrar o aniversario e acaban berrando: vivan as cadeas! Escena XIV Laura, o prisioneiro, os amigos e amigas seguen a celebración e acaban cantando: . Escena XV Dialogan Laura e o prisioneiro sobre o amor, sobre o pai. Chaman os dous xuntos pero tampouco hai respostas. Soa o teléfono, é para Laura, tiña unha proba de roupa a esa hora. Escena XVI O prisioneiro bebe só. Escena XVII Entra o gardián e o prisioneiro quere durmir. Escena XVIII Volve a nena do inicio, a filla do Gardian. Repítelle que chegou a hora. Escena XIX Remate da peza.
Características
O autor engade no prólogo:
A peza xira sobre o problema da transcendencia, da soidade metafísica de inspiración un pouco á medida de Kafka ou Sartre. O autor considerábaa a súa peza dramática máis representativa.
O propio autor opinou sobre a obra:
Para Henrique Rabuñal:
Notas
Véxase tamén Bibliografía , C. (2011). "Auto do prisioneiro nas Mostras de Ribadávia: a recepçom cénica da obra dramática de Carvalho Calero no período refundacional do teatro galego", Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación. Universidade da Coruña, pp. 31–48.
Categoría:Obras literarias de 1970 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de teatro en galego