María del Carmen Pérez Díe, nada en Madrid en 1953, é unha exiptóloga, conservadora e investigadora española, Desde 1980 traballa no Museo Arqueolóxico Nacional como Conservadora Xefa do Departamento de Antigüidades Exipcias e do Oriente Próximo. Entre 1991 e 1997 ocupou a dirección do Museo Arqueolóxico Nacional.
É membro de diferentes comités e asociacións como o Comité International pour L'Egyptologie, a Asociación Española de Egiptología e do Comité Español para o salvamento de Tiro.
Traxectoria Despois de especializarse en Exiptoloxía e Museoloxía no Cairo e París, Pérez Díe continuou cos seus estudos universitarios na Universidade Complutense de Madrid onde obtivo o seu Doutoramento con Premio Extraordinario en Historia antiga (1990) coa tese Heracleópolis Magna durante el Tercer Período Intermedio baseada no sitio arqueolóxico Heracleópolis Magna que ela mesma dirixe desde 1984.
A súa actividade profesional como investigadora conta con máis de 100 publicacións sobre Exiptología e Museoloxía, é tamén conferencista en universidades, museos e congresos e realiza comisariados de numerosas exposicións relacionadas con Exipto, Sudán e Oriente Próximo.
Recoñecementos Recibiu numerosos recoñecementos, como o Premio Nacional da Sociedade Xeográfica Española (2009), a Condecoración de Encomenda de Número da Orde de Isabel a Católica concedida polo Ministerio de Asuntos Exteriores (2009) e a Medalla de ouro do Supreme Council of Antiquities de Exipto (2010).
Obras Un nuevo vaso egipcio de alabastro en España. Homenaje al prof. Martín Almagro Basch, Vol. 2, 1983, ISBN 84-7483-348-5 EL túmulo 1 de la necrópolis de "Las Cumbres" (Puerto de Santa María, Cádiz) amb Diego Ruiz Mata. Tartessos: Arqueología protohistórica del bajo Guadalquivir / coord. por María Eugenia Aubet Semmler, 1989, ISBN 84-86329-48-5 V Congreso Internacional de Egiptología. Sefarad: Revista de Estudios Hebraicos y Sefardíes, ISSN 0037-0894, Ano 49, Nº. 1, 1989 Excavaciones de la misión arqueológica española en Heracleópolis Magna. Archivo español de arqueología, ISSN 0066-6742, Vol. 61, Nº 157-158, 1988 Ehnasya el Medina (Heracleopolis Magna): yacimiento de la misión arqueológica española. Treballs d'Arqueologia, ISSN-e 1134-9263, Nº. 2, 1992 Precisiones sobre la existencia en Madrid de una momia egipcia presunta hija de Ramses II. Revista de arqueología, ISSN 0212-0062, Nº 182, 1996 Arqueología en Egipto y Sudán: el proyecto de investigación de Ehnasya el Medina (Heracléopolis Magna), Egipto. Arbor: Ciencia, pensamiento y cultura, ISSN 0210-1963, Nº 635-636, 1998 El Proyecto "Heracleópolis Magna": investigación arqueológica y restauración amb María Antonia Moreno CifuentesPatrimonio cultural de España, ISSN 1889-3104, Nº. 2, 2009 Heracléopolis Magna. Sociedad Geográfica Española, ISSN 1577-3531, Nº 36, 2010, Memoria de los trabajos realizados en Heracleópolis Magna (Ehnasa el Medina), Egipto. Informes y Trabajos, Nº. 9, 2012
Notas
Véxase tamén Outros artigos Museo Arqueolóxico Nacional de España Exiptoloxía
Ligazóns externas Artigo sobre María del Carmen Pérez Díe no País
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Exiptólogos de España Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Museo Arqueolóxico Nacional de España