Mary Violet Leontyne Price, nada o 10 de febreiro de 1927 en Laurel (Mississippi), é unha soprano estadounidense.
Traxectoria Acadou recoñecemento internacional nas décadas de 1950 e 1960, e foi a primeira afroamericana en devir artista principal na Ópera do Metropolitan.
Cunha voz soprano lírico spinto, foi considerada especialmente adecuada para interpretar papeis de Giuseppe Verdi e Giacomo Puccini, así como as óperas de Wolfgang Amadeus Mozart.
Despois de retirarse dos escenarios da ópera en 1985, continuou aparecendo en recitais e concertos orquestrais até 1997.
Entre os numerosos recoñecementos e honras á súa traxectoria artística, destacan a Medalla Presidencial da Liberdade (1964), a Medalla Spingarn (1965), o Premio Kennedy (1980), a Medalla Nacional das Artes (1985), 19 Premios Grammy por recitais de ópera e óperas enteiras e un Grammy á carreira artística (1989), máis que calquera outra cantante clásica.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Sir Rudolf Bing, 5,000 Nights at the Opera: The Memoirs of Sir Rudolf Bing (Doubleday, 1972). Peter G. Davis, The American Opera Singer: The Lives and Adventures of America's Great Singers in Opera and Concert from 1825 to the Present (Anchor, 1999). Plácido Domingo, My First Forty Years (Alfred A. Knopf, 1983). Peter G. Davis, The American Opera Singer (Doubleday, 1997). Barbara B. Heyman, Samuel Barber, The Composer and His Music (Oxford University Press, 1992). Helena Matheopolous, Diva: Sopranos and Mezzo-sopranos Discuss Their Art (Northeastern University Press, 1992).
Luciano Pavarotti with William Wright, Pavarotti, My Own Story (Doubleday, 1981),
Stephen Rubin, The New Met (MacMillan, 1974). Winthrop Sargeant, Divas (Coward, McCann, Geohegan, 1973). J. B. Steane, The Grand Tradition: Seventy Years of Singing on Record (Timber Press, 1993). Rosalyn M. Story, "And So I Sing:"African American Divas of Opera and Concert" (Amistad, 1990). Robert Vaughan, Herbert von Karajan (W.W. Norton & Company, 1986). Galina Vishneyskaya, Galina, A Russian Story (Harvest/HBJ Book, 1985).
William Warfield, with Alton Miller, William Warfield: My Music and My Life (Sagamore Publishing, 1991).
Ligazóns externas
Leontyne Price na IBDB
Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Cantantes de Mississippi Categoría:Cantantes de ópera Categoría:Sopranos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana