Santiago de Barbadelo é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo, a de maior extensión, e está situada a 3 km da capital municipal. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 275 habitantes (129 homes e 146 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 293 habitantes.
Historia e patrimonio A comezos do século XI en Barbadelo había un mosteiro mixto, de homes e mulleres. Foi priorado da abadía de Samos ata a desamortización, pasando entón a converterse en parroquia.
O seu monumento máis emblemático é a igrexa románica de Santiago de Barbadelo, construída a finais do século XII e declarada Ben de Interese Cultural en 1980. Na parroquia está tamén o castro das Paredes.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Barbadelo
Parroquias de Sarria
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sarria
Categoría:Parroquias de Sarria Categoría:Localidades do Camiño Francés Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior