miniatura|As moedas máis comúns na época do Imperio Romano, cos seus pesos e tamaños A moeda da Antiga Roma é, de entre todas as moedas da Idade Antiga, a que coñeceu a máis ampla expansión xeográfica, ata se converter durante varios séculos na moeda común de todo o mundo occidental e o Mediterráneo.
Particularmente durante a maior parte da República Romana e na metade occidental do Imperio Romano, baseouse nun sistema constituído polo áureo (lat. aureus, "ouro"), o denario (lat. denarius) e o sestercio (lat. sestertius), de prata, e o dupondio (lat. dupondius) e o ás, de bronce, nunha aliaxe máis ou menos rica en cobre en función das épocas. miniatura|Aes signatum de Roma, coa figura dun boi. Fin do século IV a. C. Lonxitude: 15 cm. Peso: 1,4 Kg. Gabinete de Medallas de París. O áureo, que, por mor do seu alto valor, funcionaba máis como unidade de conta que como moeda efectiva, valía 25 denarios (estímase que cara á fin da República un denario equivalía ao salario diario dun traballador). Un denario valía 5 dupondios ou 10 ases (en 118 a. C., o valor do denario foi reaxustado a 16 ases). Un dupondio valía 2 ases, e 1 sestercio valía 4 ases. Estas moedas usáronse desde mediados do século III a. C. ata mediados do século III d. C. Nese século, a reforma de Caracalla substituíu o denario polo denario dobre, máis coñecido como antoniniano (lat. antoninianus), o cal, pola súa vez, desapareceu na reforma do sistema monetario de Diocleciano, que creou denominacións como o arxénteo (lat. argenteus), de prata, e o follis, de bronce prateado. Posteriores reformas, como a de Constantino de 324 d. C., estableceron o sólido (lat. solidus), de ouro, dividido en 3 tremis (gr. Τρεμίσσης -tremissis-; lat. tremis) ou en 24 siliquas (lat. siliqua), o miliarense (lat. miliarensis), de prata, e algunhas denominacións menores de bronze. Estas últimas moedas son as que estiveron en circulación ata a fin do Imperio Romano de Occidente.Vázquez Hoyos, Ana M. "Sistema monetario romano ". Universidad Española de Educación a Distancia (UNED)Cartwright. "Roman Coinage". En Ancient History Encyclopedia. 2013.
A moeda na República Romana
As orixes miniatura|esquerda|Uncia da República coa característica proa de navío|200x200px miniatura|Aes signatum da República Romana posterior a 450 a. C conservado na Biblioteca Vaticana. Medidas: 185 x 90 mm. Peso: 1,61 Kg. Arredor do ano 400 a. C., o pobo romano substituíu o sistema de troco, baseado no gando, e o incipiente uso de moedas gregas por un sistema monetario propio, relativamente arcaico, que nos primeiros tempos se baseaba en bloques de bronce, coa denominación de aes rude, e que cara á fin do século IV a. C se convertera en lingotes do mesmo metal (aes signatum), que representaban nunha das súas caras o seu equivalente en cabezas de gando, marcas da autoridade monetaria e outros símbolos.
Nunha etapa posterior, preto do 280 a. C., apareceron os discos de bronce chamados aes grave, coa dobre cara de Xano nos seus anversos, que pesaban unha libra romana (340 gramos). Para o uso cotián, emitíronse submúltiplos, tamén de bronce, denominados dodrans ou dodrante (tres cuartos de ás), bes (dous terzos), semis (medio ás), triens ou triente (un terzo), quadrans ou cuadrante (un cuarto), sextans ou sextante (un sexto), uncia ou onza (un doceavo) e semuncia ou media uncia (un vinte e catroavo).Depeyrot (2006). Páxina 11."Roman Republic Coinage: The pre-denarius coinage". The British Museum. De xeito extraordinario emitíronse tamén, nos séculos II e III a. de C., o quincunx, co valor de cinco onzas ou 5/12 do ás, e a quartuncia, dun cuarto de onza ou 1/48 do ás.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Quincunx" e "Cuartuncia".
Ademais, emitíronse múltiplos do ás durante o período republicano, sempre de bronce, unhas veces fundidos e outras cuñados, e sempre con carácter excepcional, sen formar parte das emisións regulares, como é o caso do tressis (tres ases), o quadrussis (catro ases), o quincussis (cinco ases) ou o decussis (dez ases).Ver as entradas correspondentes en Algunos tipos de monedas antiguas . www.tesorillo.com
O peso do ás, que se fixaba en función do seu valor, diminuíu durante a primeira guerra púnica (264 a. C. - 241 a. C.) ata os 290 ou 280 gramos, por mor dos importantes gastos que lle supuña a Roma a constitución da súa frota. Cara ao 225 a. C. incorporouse ao reverso do aes grave unha proa de navío en homenaxe á frota militar de Roma."Medal". En Nicholson, William. American edition of the British Encyclopedia or Dictionary of Arts and Sciences. Vol. VII. Ed. Mitchell, Ames and White. Philadelphia, 1821: "Servius Tulius introduced the practice of impressing figures on their copper or aes (...) This manner of distinguishing the coin was afterwards changed, and janus on one side, and the prow of a galley on the other, became the marks of the aes".
Emisións republicanas miniatura|esquerda|Dupondio coa inscrición SC (Senatus Consulto)|200x200px Durante a segunda guerra púnica (218 - 201 a. C.), que lle ocasionou a Roma uns gastos considerables, o ás colapsou e acabou converténdose nun disco de bronce de arredor de 20 gramos. Apareceu un múltiplo desta moeda, o dupondio (2 ases) e mantivéronse o semis e o quadrans como divisores do novo ás, todos eles de bronce. miniatura|Sestercio de prata anónimo da República, posterior a 211 a. C.
Foi neste momento cando comezou a utilizarse tamén a prata no sistema monetario romano, co denario, o quinario e o sestercio (equivalente a 2 ases e medio). A partir de entón, o sistema abandonou o bronce como base e comezou a xirar en torno ao denario de prata.Boyne, William. A Manual of Roman Coins: from the earliest period to the extinction of the empire. W. H. Johnston, 1865. Páxinas 5-7.
+Época republicana+(después de 211 a.C.) Denario Sestercio Dupondio Ás Semis Triens Quadrans Quincunx Denario 1 4 5 10 20 30 40 24 Sestercio 1/4 1 1 1/4 2 1/2 5 7 1/2 10 6 Dupondio 1/5 4/5 1 2 4 6 8 4 4/5 Ás 1/10 2/5 1/2 1 2 3 4 2 2/5 Semis 1/20 1/5 1/4 1/2 1 1 1/2 2 1 1/5 Triens 1/30 2/15 1/6 1/3 2/3 1 1 1/3 4/5 Quadrans 1/40 1/10 1/8 1/4 1/2 3/4 1 3/5 Quincunx 1/24 1/6 5/24 5/12 5/6 1 1/4 1 2/3 1 A moeda de prata: o denario e o sestercio
miniatura|200x200px|esquerda|Cuadrigato (ca. 225-212 a. C.), coa cabeza bifronte e laureada e a Vitoria guiando unha cuadriga miniatura|Vitoriato cuñado en Sicilia, coa cabeza laureada de Xúpiter no seu anverso Antes da introdución do denario en 211 a. C., emitírase xa durante uns anos, no mesmo século III a. C., outra moeda de prata denominada cuadrigato, con peso de 6 escrúpulos (uns 6,8 gramos) e valor equivalente ao do didracma grego do sur de Italia, caracterizada polo busto bifronte de Xano nos seus anversos e unha representación da Vitoria conducindo unha cuadriga nos seus reversos (que lle dá o nome)."Sistema Monetario en la República Romana: los Quadrigatos". En Imperio-Numismatico.comJiménez Peris, J. A. "Quadrigatus, las didracmas romanas ". En Numismático Digital.17 de agosto de 2016."Relative arrangement of quadrigatus issues". En Crawford, M. H. (1974). Vol. I. Páxina 103. O cuadrigato contaba tamén cunha fracción, da metade do seu valor, denominada vitoriato."Vitoriato". En Digalego. Dicionario de galego."Sistema Monetario en la República Romana: los Victoriatos". En Imperio-Numismatico.com
Pero foi no 211 a. C. cando a moeda de prata se regularizou coa aparición do denario, cun valor de 10 ases (de 53 gramos de bronce cada un). Aquel denario pesaba 1/72 de libra de prata (4,5 gramos). En 206 a. C. sufriu a súa primeira caída de peso, ata os 4,20 gramos, seguida doutra no período entre o 199 e o 190 a. C., coa que o denario pasou a ter un peso teórico de 1/84 de libra (3,85 gramos)Zehnacker, Hubert. "Aperçus de numismatique romaine (I)". En Vita Latina. Nº 127. 1992. Páxinas 3-4.. En 170 a. C., sufriu unha nova desvalorización e o seu peso baixou ata os 3,70 gramos."Roman Republican Coinage: the denarius coinage". The British Museum. miniatura|Denario datado en 147 a. C. Finalmente, arredor de 140 a. C., restableceuse o valor do denario en relación ao do ás, de xeito que un denario pasaba a equivaler a 16 ases e, xa que logo, un sestercio equivalía a partir de entón a catro ases.Christol, M.; Nony, D. Rome et son empire, des origines aux invasions barbares. Hachette. 2003. Páxina 75. ISBN 2011455421 Comparación entre moedas romanas (século I a. C.) Denario QuinarioSestercio ÁsMetalDenario 1 2 4 16 Prata Quinario 1/2 1 2 8 Prata Sestercio 1/4 1/2 1 4 PrataÁs 1/16 1/8 1/4 1 Bronce
miniatura|Bigato coa cabeza de Marte no anverso e a Vitoria conducindo a biga no reverso Durante o século II a. C. emitiuse un tipo específico de denario, denominado bigato caracterizado por levar nos seus reversos unha biga ou carruaxe tirada por dous cabalos e conducida por unha divindade romana.Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Bigato".
O sestercio converteuse no transcurso do segundo século a. C. na unidade de conta habitual, en lugar do ás libral. Os gastos, os ingresos e as fortunas avaliábanse en sestercios, tanto nas contas oficiais do Estado romano como nas dos particulares. A data da introdución deste cambio contable non foi determinada con precisión polos historiadores, aínda que coinciden en que é algo anterior ao 141 a. C., partindo da inscrición do primeiro senatus consultum anotada en sestercios.Sherk, R. Roman documents from the Greek East; senatus consulta and epistulae to the age of Augustus. The Johns Hopkins Press. Baltimore, 1969. Páxina 49.Nicolet, C. Censeurs et publicains, économie et fiscalité dans la Rome antique. Fayard, 2000. Páxinas 155-160. ISBN 2-213-60296-4
Emisións co sistema grego no sur de Italia e en Sicilia Durante os séculos VIII e VII a. C., como consecuencia dun importante aumento da poboación e tamén da crise social e política en Grecia, numerosos emigrantes partiron para fundaren novas cidades (polis) arredor do Mediterráneo. O sur de Italia e Sicilia, debido á súa proximidade e ás súas riquezas agrícolas, foron importantes lugares de instalación. Estas novas cidades (Posidonia, Neapolis, Síbaris, Gela, Taras, Metaponto, Kroton e outras moitas) emitiron a súa propia moeda, baseándose en padróns ponderais non romanos senón noutros como o persa, o exinético, o macedonio e, finalmente, o padrón ático."Coins of the Finest Period of the Greek Cities of the South opf Italy". En Noel Humphreys, Henry. (1869). Páxinas 66-72.Hands, Alfred (1909).Rutter, N. K. (1997).
A moeda romana no Alto Imperio O sistema de Augusto
Desde a reforma monetaria de Augusto no ano 19 a. C., o sistema entrou nun período de estabilidade que durou máis de dous séculos. Regularizouse o uso do áureo, a moeda de prata foi complementada coa aparición dunha serie de submúltiplos en metais menos nobres e o bronce desapareceu do sistema monetario. O sestercio, que era unha pequena moeda de prata baixo a República, pasou a ser unha moeda de gran módulo nunha nova aliaxe de cobre e cinc, denominada oricalco (semellante ao latón) mentres que o ás pasou a cuñarse en cobre puro.Zehnacker, Hubert. "Aperçus de numismatique romaine (III)". En Vita Latina. N° 129. 1993. Páxina 3. miniatura|Áureo cos retratos de Marco Antonio (esquerda) e Octavio Augusto, emitido en 41 a. C. O sistema monetario de Augusto, daquela, pode ser presentado do seguinte xeito:Depeyrot (2006). Páxina 33."Sistema monetario romano: reforma de Augusto ". En Edouardlouvet: Monedas Romanas.
+Época de Augusto (27 a. C - 301 d. C)+(27 a.C. – 301 A.D.) Áureo Quinario (Au) Denario Quinario (Ag) Sestercio Dupondio Ás Semis Quadrans Áureo 1 2 25 50 100 200 400 800 1.600 Quinario (Au) 1/2 1 12 1/2 25 50 100 200 400 800 Denario 1/25 2/25 1 2 4 8 16 32 64 Quinario (Ag) 1/50 1/25 1/2 1 2 4 8 16 32 Sestercio 1/100 1/50 1/4 1/2 1 2 4 8 16 Dupondio 1/200 1/100 1/8 1/4 1/2 1 2 4 8 Ás 1/400 1/200 1/16 1/8 1/4 1/2 1 2 4 Semis 1/800 1/400 1/32 1/16 1/8 1/4 1/2 1 2 Quadrans 1/1.600 1/800 1/64 1/32 1/16 1/8 1/4 1/2 1