María Concepción Regueiro Digón, nada en Lugo en 1968, é unha escritora galega de ciencia ficción, máis coñecida como Conchi Regueiro.
Traxectoria Regueiro é diplomada en traballo social e pedagoga, á vez que se dedicou á docencia en cursos de formación ocupacional permanente.
A súa obra ten perspectiva feminista e recolle os estereotipos de xénero conservadores, intercalando obras en galego e en castelán. En galego, a súa primeira publicación, en 2002, foi unha novela para adultos, Tempos agradables, pero continuou escribindo libros de literatura non realista, de ciencia ficción e fantasía para público infantil e xuvenil como Un marciano neste mundo (2004) ou O tesouro das ánimas (2011). Fixo tamén incursións no terror como A herdanza do marqués (2009) e a súa continuación, A cerna do segredo (2014).
En castelán publicou narrativa para adultos, como a recompilación La estirpe de Tordón (2005), que recolle dúas novelas curtas e dous relatos; e novelas de ciencia ficción, como Reclutas de guerras invisibles (2006) en formato web, escrita en forma de ucronía, estilo ó que tamén se achega nos contos «Erundina Salvadora», na edición de 2008 do Fabricantes de sueños e «El enemigo en casa», en Historias del Crazy Bar. Publicou a súa novela Vistas al río (2007) na Colección Mitilene de Ellas Editorial, melodrama con tinguiduras sociais, seguido de La moderna Atenea (2008) e Los espíritus del humo (2017). Estas dúas últimas obras teñen en común a combinación dunha ciencia ficción clásica de raíz anglosaxoa, por unha banda, e por outro, a temática social da España de finais do século XIX.
Regueiro foi xurado nos 6º e 7º Premios Meiga Moira, de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións en 2014 e 2016 respectivamente.
Obra En galego Tempos agradables (2002). Vigo: Ed. do Cumio. ISBN 9788482891613. Un marciano neste mundo (2004). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-96128-76-7. A herdanza do marqués (2009). A Coruña: Baía. ISBN 978-84-92630-21-9. O tesouro das ánimas (2011). A Coruña: Baía. ISBN 9788496526457. A cerna do segredo (2014). A Coruña: Baía. ISBN 9788499951393. Meigallo_98h (2024). A Coruña: Baía. ISBN 9788499954516.
En castelán La estirpe de Tordón (2005) Vistas al río (2007) La moderna Atenea (2007) Reclutas de guerras invisibles (2011) Historias del Crazy Bar y otros relatos de lo imposible (2012) Visiones 2016 (2016) Los espíritus del humo (2017) ¿Hogar? (2018). Café con leche.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de ficción científica