Áurea Lorenzo Abeijón, nada en Beneso (Goiáns, O Porto do Son) o 28 de xullo de 1904 e finada en Buenos Aires en 1995, foi unha poeta galega.
Traxectoria A súa familia vivía do mar, traballou desde moi nova, estudou corte no Porto do Son e aos 18 anos emigrou á Arxentina. Na Arxentina estudou e comezou a escribir. Volveu a Galicia en 1975. Retornou novamente a Arxentina, onde fundou unha escola na súa casa na que impartía clases de inglés, español e piano.
Publicacións Queixas (1943; en galego) Campanas del cielo (1956; en castelán) Vida persoal
Casou na Arxentina con Carlos Sánchez Lloveras. Enviuvou e volveu casar co seu sobriño, Óscar Sánchez Lloveras. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Poetas de Galicia
Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos da Arxentina