O Mauritshuis (en galego: "Casa de Mauricio"), oficialmente Gabinete Real de Pinturas Mauritshuis (en neerlandés: Koninklijk Kabinet van Schilderijen Mauritshuis), é un museo da cidade da Haia, nos Países Baixos, famoso por albergar varias obras mestras de Rembrandt (como A lección de anatomía) e tres das escasísimas pinturas de Vermeer, entre elas dúas mundialmente coñecidas: A rapaza da perla e Vista de Delft."Mauritshuis". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)"Mauritshuis. Het koninklijk kabinet van schilderijen". En DenHag.nl (en neerlandés)
É un dos museos holandeses máis coñecidos e concorridos; en 2016 tivo 414.239 visitantes e o ano anterior chegou ao medio millón."Opening year attracts a record numer of visitors". No sitio web oficil do Mauritshuis (en inglés)
O edificio miniatura|esquerda|Fachada principal do Mauritshuis O edificio atópase no grande estanque coñecido como Hofvijver, moi preto do Binnenhof, un complexo de edificios que acolle, entre outras institucións do Estado, a oficina do Primeiro Ministro e o Parlamento dos Países Baixos. Foi construído en 1640 para o conde Xoán Mauricio de Nassau (que lle dá o nome), daquela gobernador da efémera posesión holandesa en Pernambuco, Brasil.
Os arquitectos do edificio foron Jacob Van Campen e Pieter Post. Foi convertido en museo en 1822 para albergar o Gabinete Real de Pinturas."Mauritshuis. The Building". No sitio web oficial do Mauritshuis (en inglés)"History of the building". No sitio web oficial do Mauritshuis (en inglés)
miniatura|Fachada posterior do Mauritshuis, sobre a auga do Hofvijver O Mauritshuis foi un museo de xestión estatal ata a súa privatización en 1995. A fundación creada nese momento fíxose cargo tanto do edificio como da colección, que se entregou nun préstamo a longo prazo. O edificio, no entanto, segue a ser propiedade do Estado, que llo aluga á fundación.
O edificio forma parte da rede de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument) desde 1967.Ficha do Mauritshuis na listaxe de Rijksmonument (en neerlandés)
Período de clausura (2012-2014) miniatura|120px|esquerda|Busto de Xoán Mauricio de Nassau Entre 2012 e 2014, o museo pechou as súas portas para abordar un ambicioso proxecto de renovación e ampliación, cun custo aproximado de 31 millóns de euros. Durante o período de clausura, unha selección das súas obras exhibiuse noutro museo da cidade, aínda que varias das máis famosas itineraron por varios países co fin de captar fondos."Highlights Mauritshuis. In Gemeentemuseum The Hague ". En Gemeentemusum ( en inglés)
Os salóns do vello palacio foron renovados respectando a súa ambientación renacentista; empregáronse tecidos de seda francesa para tapizar as paredes. Tamén se restauraron unhas pinturas de Giovanni Antonio Pellegrini que formaban parte da decoración do salón principal. Pero a intervención máis substancial foi a incorporación ao museo dun edificio próximo, que permanecía sen uso; para o sumar ao conxunto museístico construíuse un corredor soterrado que o conecta co palacio orixinal. Este segundo edificio alberga salas de exposicións temporais, así como as oficinas e demais espazos de uso interno. O Mauritshuis xa renovado reabriu as súas portas o 27 de xuño de 2014.Abergel, M. "Pays-Bas : le musée du Mauritshuis rouvre le 27 juin". En Le Quotidien du Tourisme. 11 de xuño de 2014 (en francés)
Durante esta clausura temporal por obras de reforma, o museo prestoulle A rapaza da perla a Kobe, cidade xaponesa tristemente famosa polo terremoto que a arrasou en xaneiro de 1995. En 2013, ese cadro de Vermeer e outros de Rembrandt, Frans Hals,Carel Fabritius, etc., viaxaron nunha mostra temporal á colección Frick de Nova York, institución que en 2015 respondeu xenerosamente prestándolle ao Mauritshuis un grupo de 36 obras."Mauritshuis wordt nooit een hal". En De Volkshrant (en neerlandés)
A colección miniatura|Aurtorretrato de Rembrandt (1669) A colección de pintura que alberga o museo céntrase especialmente na pintura do século XVII (o século de ouro da pintura holandesa), con obras de autores holandeses de sona, como:Launet, E. "Les tableaux à plumes du Mauritsuis ". En Libération. 26 de outubro de 2014 (en francés)"History of the collection". No sitio web oficial do Mauritshuis (en inglés) Rembrandt van Rijn: Andrómeda (ca. 1629), Lección de anatomía do Dr. Nicolaes Tulp (1632); Susana e os vellos (1636); Saúl e David (1650); Retrato de vello (1667); Autorretrato (1669). Johannes Vermeer: Diana e as súas compañeiras (ca. 1655), Vista de Delft (ca. 1660), A rapaza da perla (ca. 1665). Jan Steen: A nena doente (ca. 1660-1665); Moisés e a coroa do faraón (ca. 1670); Como canta o vello, o mozo toca a gaita (ca. 1663-1665). Paulus Potter: O boi (1647). Frans Hals: O neno que ri (ca. 1627). Carel Fabritius: O xílgaro (1654). Cornelis van Haarlem: A matanza dos inocentes (1590). Hendrick Avercamp: Escena sobre o xeo (ca. 1610). Jacob van Ruisdael: Vista do castelo de Bentheim (ca. 1650) Gerard de Lairesse: Aquiles descuberto entre as fillas de Licomedes (ca. 1685). Tamén hai obras de: Hans Holbein o Novo: Retrato de Jane Seymour (ca. 1540). Rogier van der Weyden: A lamentación de Cristo (1460-1464). Rubens: Vella e neno con candeas (ca. 1616). Jacob Jordaens: A adoración dos pastores (ca.1617). Andy Warhol: Retrato da raíña Beatriz de Holanda (1985).
Galería de obras salientables
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial do Mauritshuis
Categoría:Museos dos Países Baixos Categoría:Pinacotecas Categoría:Pintura do Barroco Categoría:Holanda Meridional Categoría:Rijksmonument