Liv Johanne Ullmann, nada o 16 de decembro de 1938, é unha actriz e directora de cine norueguesa, actuou en nove filmes de Ingmar Bergman, con quen tivo unha filla, a escritora norueguesa Linn Ullmann.
Traxectoria Naceu en Tokyo, onde o seu pai traballaba como enxeñeiro, e medrou en Trondheim. Comezou actuando en Noruega no teatro. O seu traballo con Bergman, en especial Scener ur ett äktenskap, convertérona nunha icona cultural e do feminismo e nunha das actrices máis recoñecidas do seu tempo.
Filmografía parcial 1957 - Fjols til fjells de Edith Carlmar 1959 - Ung flukt de Edith Carlmar 1966 - Persona 1971 - Utvandrarna 1972 - Nybyggarna 1973 – Scener ur ett äktenskap (TV) 1973 - Viskningar och rop 1974 - Abdicación 1976 - Cara a cara 1978 - Höstsonaten 1988 - La amiga 1992 - Sofie (directora) 1995 - Kristin Lavransdatter (directora) 1994 - Drömspel 1994 - Zorn 1996 – Enskilda samtal (TV) (directora) 1999 - Trolösa 2003 – Saraband (TV) 2012 - Zwei Leben
Véxase tamén
Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1938 Categoría:Actores de cinema de Noruega Categoría:Actores de televisión de Noruega Categoría:Actores de teatro de Noruega Categoría:Feministas de Noruega Categoría:Óscar honorífico