A lingua pirahã é unha lingua indíxena falada polo pobo pirahã que habita no estado brasileiro do Amazonas. Os pirahã viven ó longo do río Maici, un tributario do río Amazonas. Segundo datos de 2009 tiña entre 250 e 380 falantes. O pirahã está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Pirahã é a única variedade sobrevivente da lingua mura, xa que as outras linguas foron extinguíndose co paso dos séculos porque os membros do pobo mura adoptaron o portugués. Entre os seus parentes máis achegados está a matanawi, tamén extinta. Estímase que ten entre 250 e 380 falantes. Non está en perigo inmediato de extinción, xa que a comunidade pirahã é monolingüe.

A lingua pirahã é coñecida polas controvertidas características que se lle atribúen, como por exemplo, que amosa trazos de relatividade lingüística.Michael C. Frank, Daniel L. Everett, Evelina Fedorenko and Edward Gibson (2008), Number as a cognitive technology: Evidence from Pirahã language and cognition. Cognition, Volume 108, Issue 3, setembro de 2008, pp. 819–824. A controversia está agravada pola gran dificultade de aprender a lingua e que o número de lingüistas de pirahã é moi pequeno.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Amazonia (ecorrexión) Daniel Everett Estado do Amazonas Hipótese de Sapir-Whorf Lingua illada Lingua mura Pobo mura Selva amazónica

Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas aglutinantes