The Book of Life é un filme estadounidense de 2014 producido por Reel FX Creative Studios e distribuído por 20th Century Fox. Foi coescrito e dirixido por Jorge R. Gutierrez, e foi producido por Aaron Berger, Brad Booker, Guillermo del Toro e Carina Schulze. Está protagonizado polas voces de Diego Luna, Zoe Saldana, Channing Tatum, Christina Applegate, Ice Cube, Ron Perlman e Kate del Castillo. Baséase nunha idea orixinal de Gutierrez, e conta a historia dun toureiro mexicano, que no día de mortos, comeza unha aventura para cumprir as expectativas da súa familia e amigos.
Estreouse nos Ánxeles o 12 de outubro de 2014, e nos cines dos Estados Unidos o 17 de outubro de 2014. Recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro na categoría de mellor filme animado. Conseguiu unha recadación de $99 millóns sobre un orzamento de $50 millóns.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2014 en 3D Categoría:Filmes ambientados en México