Nepal Airlines Corporation (nepalí: नेपाल वायुसेवा निगम), anteriormente coñecida como Royal Nepal Airlines (nepalí: शाही नेपाल वायुसेवा) é a aeroliña nacional do Nepal. Fundada no ano 1958, é a aeroliña máis antiga do país. Dende a súa base principal no aeroporto internacional Tribhuvan, en Katmandú, a compañía opera servizos domésticos dentro do Nepal e servizos de medio alcance en Asia. O seu primeiro avión foi un Douglas DC-3 usado para realizar rutas domésticas e cara a un feixe de destinos na India. A compañía mercou o seu primeiro reactor, un Boeing 727, no ano 1972. En marzo de 2018 a aeroliña operaba unha frota de 12 avións. Dende o ano 2013 Nepal Airlines está na lista de aeroliñas prohibidas na Unión Europea.
Frota En marzo de 2018 a frota de Nepal Airlines estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota Nepal Airlines Avión En servizo Pedidos PasaxeirosNotasCYTotalAirbus A320-2002—8150158Airbus A330-200—218256274Pedidos a través de Hi FlyAgárdase que cheguen a Nepal en maio o xuño de 2018.Boeing 757-200M1—16174190Xian MA-602——5656Usados para voos domésticos de Havilland Canada DHC-6 Twin Otter3——1919 Harbin Y-124——1919Total122
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas do Nepal