María Eugenia Dolores Blanco Iglesias, máis coñecida como Uxía Blanco, nada en Loxo, Touro, en 1952, é unha actriz e presentadora galega, licenciada en Xeografía e Historia, concelleira delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística do Concello de Vigo. miniatura|260px|M.ª Xosé Queizán recollendo un premio en Vigo de mans da concelleira Uxía Blanco.
Traxectoria Comezou sendo actriz de teatro nos 70, dando o salto á gran pantalla na década de 1980. Protagonizou a primeira longametraxe en lingua galega, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Logo virían outras películas, como Huidos (1993) de Sancho Gracia, Contar (1994) de Manuel Abad ou A lingua das bolboretas (1999), adaptación ao cine da man de José Luis Cuerda dun relato da obra de Manuel Rivas, Que me queres, amor?. Participou en Luar como presentadora e levou o programa de actualidade cinematográfica da Televisión de Galicia, DeZine desde 1997. Tamén presentou As viaxeiras da Lúa.
É concelleira no Concello de Vigo como independente nas listas do Partido dos Socialistas de Galicia, delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística.Concello de Vigo, Concellerías
Filmografía Filmes miniatura|Papeleta do PSdG-PSOE de Vigo nas eleccións locais de 2019. Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro. Como Xonxa. Huidos (1993), de Sancho Gracia. Como María. Contar (1994), de Manuel Abad. Como Muller. Hermana, pero ¿qué has hecho? (1995), de Pedro Masó. A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda. Como Rosa. Tierra del Fuego (2000), de Miguel Littin. Como Madre Silveira. Dagon (2001), de Stuart Gordon. Como Nai de Ezequiel. Joc de mentides (2003) (TV), de Lluís Zayas. A velocidade funda o esquecemento (2005), de Marcelo Schapces. Mis estimadas víctimas (2005) (TV), de Pedro Costa. Como Carmen. Somne (2005), de Isidro Ortiz. Como María Ruiz. A Atlántida (2005) (TV), de Belén Macías. Como Asunción Mihura. Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Mabel. Contar de memoria (2006), de Marcelo Schapces.
Curtametraxes Atlántico Express (1995), de Alber Ponte. Como Filla. Lorca, Santiago y seis poemas gallegos (1999), de Alber Ponte. Alzheimer (2000), de Álex Sampayo. Como Comisaria Europea. Galáctea: A conquista da via láctea (2001), de Cora Peña.
Televisión Personaxes fixos ou recorrentes Mareas vivas (1998). Como Helena. Televisión de Galicia. Cuéntame cómo pasó (2001). Como Esperanza. La 1 de Televisión Española. Manolito Gafotas (2004). Como Sita Espe. Antena 3. Serramoura (2014-) (Televisión de Galicia). Como Teresa.
Personaxes episódicos Makinavaja (1994). Televisión Española. El comisario (2000). Telecinco. Hospital Central (2002). Como Noemí García. Telecinco. Hospital Central (2007). Como Matilde, nai de Laura. Telecinco.
Presentadora Luar (1992). Colaboración. Televisión de Galicia. Dezine (1998). Televisión de Galicia.
Teatro Ollares de perfil (Teatro libre do Brasil) The Days Before.
Galardóns e nomeamentos Premio Zarauz do público por Sempre Xonxa. Premio Agapi á mellor interpretación feminina pol' A lingua das bolboretas. Premio Agapi ó mellor programa de Televisión de Galicia por Dezine. Premios Mestre Mateo Ano Categoría Produción Resultado2002Mellor comunicador de televisiónDezineNomeada
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas AAAG. Asociación de Actores e Actrices de Galicia AVG | O soportal do audiovisual galego Consello da Cultura Galega.
Categoría:Actores de Touro Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Nados en Touro Categoría:Nados en 1952 Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Actores de dobraxe de Galicia