Clara Usón, nada en Barcelona en 1961, é unha avogada e escritora catalá en lingua castelá.

Traxectoria É licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona, filla dun prestixioso avogado de Barcelona. Abandonou o exercicio da avogacía para dedicarse de maneira total á escritura. Gañou o Premio Nacional da Crítica por La hija del Este, novela baseada na figura de Ana Mladić, filla do xeneral serbio Ratko Mladić, responsable do masacre de Srebrenica.

A súa anterior novela, Corazón de Napalm –un retrato das secuelas dos excesos da xeración dos 80– mereceu o Premio Biblioteca Breve.

Premios Premio Feminino Lumen (1998) pola súa novela Noites de San Juan Premio Biblioteca Breve de Seix Barral (2009) por Corazón de Napalm Premio Ciudad de Barcelona 2013 por La hija del Este Premio Nacional da Crítica 2013 por La hija del Este VIII Premio 2014 Cultura Mediterránea por La hija del Este

Obras Noches de San Juan (1998) Primer vuelo (2001) El viaje de las palabras (2005) Perseguidoras (2007) Corazón de napalm (2009) La hija del Este (2013) El asesino tímido (2018)

Véxase tamén Ligazóns externas Clara Usón, en Escritores.org

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades sen imaxes