Os asasinos (en ) é un filme estadounidense de 1964 dirixido por Don Siegel. Foi escrito por Gene L. Coon e é a segunda adaptación de Hollywood da historia curta "The Killers" de Ernest Hemingway, despois de Os asasinos, de 1946.

Está protagonizado por Lee Marvin, John Cassavetes, Angie Dickinson e Ronald Reagan. Foi o derradeiro filme no que sae Reagan antes de comezar a súa carreira na política, así como o único filme da súa traxectoria no que interpreta a un malvado. No momento da súa estrea, Marvin declarou que era un dos seus filmes favoritos.

Estreouse en galego o 3 de xuño de 1989 a través da TVG.La Voz de Galicia, 3 de xuño de 1989. Páx. 79

Personaxes Lee Marvin como Charlie Strom Angie Dickinson como Sheila Farr Clu Gulager como Lee John Cassavetes como Johnny North Ronald Reagan como Jack Browning Claude Akins como Earl Sylvester Norman Fell como Mickey Farmer Virginia Christine como Miss Watson Don Haggerty como condutor Robert Phillips como George Fleming Kathleen O'Malley como Miss Leslie Ted Jacques como asistente do ximnasio Irvin Mosley como garda Jimmy Joyce como vendedor Burt Mustin como home vello

Notas

Véxase tamén Outros artigos Os asasinos, filme de 1946.

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1964 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Don Siegel Categoría:Filmes con banda sonora de John Williams Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes de 1964 con versión en galego