A igrexa de Ala (sueco: Ala kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Ala, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura A parte máis antiga desta igrexa de nave única é a nave, construída durante o século XII. O coro actual, do mesmo ancho que a nave, foi engadido durante a metade do século XIII, substituíndo a coro é a unha ábsida anteriores considerablemente máis pequenos, creando así un longo edificio cunha única célula, algo raro entre as igrexas de Gotland. A torre é un pouco máis antiga que o coro. Os portais do sur, pertencentes á anterior igrexa, mostran algunhas esculturas de pedra pouco comúns.
No seu interior a igrexa está decorada con frescos medievais, formados por dous conxuntos realizados en dous períodos diferentes. O máis vello data de finais do século XIII e representa animais lendarios e ornamentos. O máis recente é do século XV e amosa unha escena da lenda de San Martiño, unha gran pintura representando a Paixón de Cristo feita polo artista coñecido como Passionsmästaren, e outros temas relixiosos.
A igrexa foi devastada por un incendio no ano 1938 e a meirande parte do seu mobiliario, incluída unha cruz triunfal do século XIII, quedou destruído. A pía bautismal, feita con pedra calcaria local, foi dous poucos obxectos que sobreviviron. O incendio comezou na torre, onde se estaban a realizar traballos de carpintería, e enguliu a igrexa en 15 minutos. Entre os anos 1938 e 1940 leváronse a cabo traballos de restauración, e a igrexa tivo un novo órgano en 1955.
Galería de imaxes
Notas
Ala