Carta dunha descoñecida (en ) é un filme estadounidense de 1948 dirixido por Max Ophüls e protagonizado por Joan Fontaine, Louis Jourdan, Mady Christians e Marcel Journet. Baséase na novela curta de Stefan Zweig.

En 1992 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry."National Film Registry" . Library of Congress, consultado o 28-8-2011.

Foi emitido na TVG o 7 de maio de 2016.La Voz de Galicia, 7 de maio de 2016. Páx. 62

Argumento Stefan Brand (Louis Jourdan), un célebre pianista, recibe unha carta dunha muller coa que mantivo no pasado unha relación amorosa que xa non lembra. Lisa (Joan Fontaine) é para el unha descoñecida, alguén que pasou pola súa vida sen deixar pegada. E, non obstante, ela segue namorada apaixonadamente daquel músico novo que coñeceu cando era aínda unha adolescente.

Elenco Joan Fontaine como Lisa Berndle Louis Jourdan como Stefan Brand Mady Christians como Frau Berndle Marcel Journet como Johann Stauffer Art Smith como John Howard Freeman como Herr Kastner Carol Yorke como Marie John Good como Tte. Leopold von Kaltnegger Leo B. Pessin como Stefan, Jr Erskine Sanford como Porter Otto Waldis como Concierge Sonya Waldis como Frau Spitzer Betty Blythe como Frau Kohner; sen acreditar John T. Bambury como Midget; sen acreditar Ilka Grüning como Ticket-Taker; sen acreditar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Filmsite.org essay Artigo de Alexander Dhoest Artigo de Carla Marcantonio Letter from an Unknown Woman en Louisjourdan.net

Categoría:Filmes de 1948 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Max Ophüls Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes ambientados en Viena Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1948 con versión en galego