B-Violet foi un grupo de nu metal de Badalona, activo entre 1995 e 2004. Estaba formado por Sonia Isidro (voz), Blanca Cereceda (baixo), Vanessa Blanco (guitarra) e Merche Rosales (batería).
Traxectoria O grupo formouse en 1995 e axiña comezaron a dar numerosos concertos, que tiveron boa acollida. En 1997 gañaron o primeiro premio do concurso Villa de Bilbao e foron seleccionadas no Alatraveu Frontera.
En 1998 a discográfica Liquid editou o seu primeiro disco, Ultraviolet, pero tras problemas coa distribución o disco foi adquirido por Zero Records. A partir dese momento aumentaron as súas actuacións, chegando a tocar en eventos como Festimad, Espárrago Rock, Doctor Music ou Cultura Quente.
No ano 2000 publicaron o seu segundo disco, My reality?, e despois da promoción decidiron baixar o ritmo de concertos para poder compaxinar as súas vidas persoais co grupo. A comezos de 2004 editaron o seu terceiro disco, En este mundo, no que pasaron de cantar en inglés a facelo en castelán.
A finais de 2004 anunciaron a súa separación. No 2008 reapareceron nas Festas de El Masnou, e tocaron temas novos. Con todo, non volveron ter actividade desde entón.
Discografía Ultraviolet (1998. Liquid / Zero Records) My reality? (2000. Zero Records) En este mundo (2004. Zero Records)
Notas
Categoría:Grupos musicais de Cataluña Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais formados en 1995 Categoría:Grupos musicais separados en 2004