Fee Reega, nada en Balingen o 2 de xuño de 1988«Fee Reega: "Tengo la capacidad de atraer a personajes marginales y algo locos"», Público, 28 de setembro de 2017 ., é unha cantautora alemá.
Traxectoria
dereita|miniatura Comezou a estudar literatura rusa en Berlín. Tivo unha bolsa Erasmus para estudar Belas Artes na Universidade Europea de Madrid, e despois estableceuse en Asturias, primeiro na aldea de Morvís (Rozaes, Villaviciosa) e despois en Uvieu e Xixón.
É cantante e compositora da banda postpunk Captains xunto a David Baldo, e do grupo alemán de folk-rock psicodélico Dead Hands. Colaborou de xeito habitual con Pablo Und Destruktion e Nacho Vegas.
En 2014 publicou La Raptora. Nese disco acompañárona Pablo Und Destruktion (guitarra eléctrica, coros), Héctor Tuya (guitarra acústica), Sara Muñiz (viola), Luis Rodríguez (baixo), Miguel Herrero (batería e trompeta), El Abominable Javolf de la Münster (piano, violonchelo, acordeón) e Fernando (violíns)La Raptora en BandCamp.. No ano 2017 publicou o disco Sonambulancia, gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Rafael Martínez del Pozo en Grabaciones de Campo. A banda que a acompaña está composta por Dani Donkeyboy (guitarra), Javier Bejarano (guitarra), Ibán Pérez (batería, trompeta), Niko Jones (baixo), Dave Tunstall (contrabaixo) e Xosé Ramón Rocha (cello)Sonambulancia, en BandCamp..
Obra Discografía Te he amado en un hotel en la calle del Divino Pastor (EP; 2011) Salvajada (2012) La Raptora / Die Entführerin (2014) Shoot (Woodland, 2015) Sonambulancia (Discos Humeantes, 2017)
Poesía Purpurina y percebes (Canalla Ediciones, 2017)Purpurina y percebes , na web de Canalla Ediciones.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fee Reega en BandCamp.
Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Nados en 1988 Categoría:Cantantes de Alemaña