Antonio Álvarez Sánchez, nado en Fene en 1960, é un enxeñeiro eléctrico galego. É director de sostibilidade ambiental do grupo Inditex.
Traxectoria
É enxeñeiro eléctrico, incluíndo a súa formación académica un máster en Enerxía e Sostibilidade pola Universidade de Vigo e outro máster en Seguridade e Saúde no Traballo pola Universidade Politécnica de Cataluña.
Desenvolveu a súa carreira profesional en empresas como Philips ou Fomento de Construcciones y Contratas, incorporándose ao grupo Inditex no ano 1994 como director técnico. Dende o 2005 é o director de sostibilidade ambiental do grupo Inditex, sendo responsable do deseño e implantación da estratexia de sostibilidade ambiental.
En Inditex, é o creador do concepto de tenda ecoeficiente, que permite reducir de maneira considerable as emisións contaminantes e o consumo de auga. Tamén é co-creador da etiqueta de excelencia ambiental Join Life, utilizada en varias das cadeas do grupo Inditex.
Outra iniciativa a destacar desenvolvida baixo a súa dirección é a fundación do movemento para a protección das Áreas forestales de alto valor de conservación.. Nesta mesma liña de traballo cabe destacar a súa membresía na FSC, organización responsable da primeira certificación de xestión forestal sostible.
O seu liderado, compromiso e participación activa en todas aquelas accións que promoven solucións innovadoras para promover un futuro máis sostible, fixo que Inditex se unise ó pacto "The Fashion Industry Charter for Climate Action", durante a conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP 24) en Katowice, Polonia. Con este acordo, a industria da moda comprométese coas Nacións Unidas a abordar o impacto climático cun enfoque colaborativo que permita promover accións ambiciosas e que ofrece novas oportunidades para que empresas e organizacións creen un ambiente empresarial exitoso nun mundo descarbonizado.
É membro da Asociación Profesional de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ferrol e membro do Consello do Centro Tecnolóxico de Eficiencia y Sostibilidade Enerxética (EnergyLab). Adicionalmente, imparte clases no Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social (CERIS) da Cátedra Inditex – UDC e no mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo.
Publicacións profesionais Colaboración na publicación Lighting control system based on digital camera for energy saving in shop Windows. Colaboración na publicación Microplastics' emissions: Microfibers' detachment from textile garments. The certification in sustainability LEED of a Logistic textile Center: Example of action during the work for the credits attainment. 5th European Conference on Energy Efficiency and sustainability in Architecture and Planning. The ABC of Sustainable Construction. Analysis, Behavior, Commitment. ISBN 978-84-606-9299-7. Green to Wear. Committed to a Sustainable Manufacturing. ISBN 978-84-608-1806-9.
Notas
Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1960 Categoría:Enxeñeiros de Galicia