Celso Lorenzo Villa, nado no Rosal cara a 1916 e finado o 29 de setembro de 2002, foi un militar e contrabandista galego.

Traxectoria Aviador militar, combateu na guerra civil española no bando republicano, foi sarxento e alcanzou o grao de tenente o 7 de agosto de 1937.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 24-8-1937, p. 454. Detido en 1939, foi xulgado por auxilio á rebelión e condenado a 30 anos de reclusión. Cumpriu condena na Prisión Central de Totana (Murcia), de onde saíu en liberdade condicional en xuño de 1941.BOE, 12-6-1941, p. 5218

Instalou unha ferretería en Tabagón,El Pueblo Gallego, 22-12-1951, p. 7. e dedicouse ao contrabando. (2015): Fariña. Libros del K.O., páx. 35. Entre 1959 e 1962 foi presidente do Real Club Celta de Vigo, contando na directiva co tamén contrabandista Vicente Otero Pérez "Terito". (1997): R.C. Celta 1923-1998. 75 años de historia. Faro de Vigo. Páx. 356. En 1968, estando en paradoiro descoñecido, foi condenado ao pago dunha multa de 405 080 pesetas por contrabando de tabaco.Boletín Oficial del Estado, 29 de abril de 1968. En 1984 reclamou que se lle recoñecese o seu rango como militar do exército do aire, mais a solicitude foille denegada."Cuando el Celta estaba indirectamente patrocinado por Marlboro" , Vigo Empresa, 5 de agosto de 2017 . Finou o 29 de setembro de 2002.La Voz de Galicia, 30-9-2002, p. 29"Justo reparto de puntos entre Celta y Málaga", Diario de Avisos, 30 de setembro de 2002 .

Vida persoal Casou en 1949 con Eulalia García Cortijo, filla de Julio García Díaz, comandante do posto da Garda Civil de Cambados.El Ideal Gallego, 10-6-1949, p. 6.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente personal del recluso Celso Lorenzo Villa. Prisión Provincial de Murcia

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados no Rosal Categoría:Militares de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Presidentes do Celta de Vigo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Contrabandistas de Galicia Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes