Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.
Emisións Desde setembro de 2018 emítese en tres bloques de 15 minutos pola mañá, na sobremesa e a noite nos días laborables. No portal do web do programa pódense consultar os podcasts das emisións.
Lingua O Diario Cultural apostou desde as súas orixes polo uso do galego en todas as emisións. Ponse un importante coidado na calidade da lingua utilizada, cun ton serio acorde á relevancia da tarefa normalizadora que pretende exercer. Téñense moi en conta os mecanismos de conexión entre a lingua e a cultura, canto ao prestixio. Nunha sociedade onde a lingua de prestixio é o castelán, normalizar o uso do galego nos medios de comunicación como a radio é un dos principais obxectivos do programa. Unha das medidas que máis debates suscitou foi a de realizar as entrevistas a persoas non galegofalantes en galego. Decidiuse non trasladar as preguntas ao castelán, e no caso de ter que o facer, estas volverían ser traducidas ao galego na posterior emisión.
Préstase unha especial atención aos países que conforman a lusofonía, (como o Brasil ou Portugal) para integrar interlocutores doutras áreas, o que achega información á perspectiva lingüística que defende o programa.
En resumo, o Diario cultural busca promover un modelo de lingua culta, viva, que se enriquece continuamente, cunha especial preocupación pola perda de usos, léxico e sintaxe.
Historia
Orixe En 1990 a Radio Galega comezou a emitir o Diario Cultural.Na tempada 1990-1991 créase e consolídase o programa "con Amelia García nas dúas primeiras temporadas, para logo asentarse definitivamente con Ana Romaní. A hora de emisión deste programa sufriu algún cambio, pero a principios de 1991 quedou fixado en torno ás 21 horas, exposto a modificacións ocasionais por ser horario propio celebración de partidos de fútbol e polo tanto da correspondente transmisión deportiva". (Maneiro, 2013: 146-147) Naceu como un espazo de información, promoción e difusión da cultura galega cunha perspectiva propia. O seu formato combina a liña dos informativos con outras características da revista radiofónica. O seu obxectivo é servir como un espazo de información e divulgación, no cal tamén hai cabida para o debate. Un programa destas características esixe un rigor e unha amenidade que contribúan a un maior coñecemento das raíces da cultura galega, sen perder de vista a súa relación coas distintas culturas de todo o mundo. O programa pasou por diversas franxas horarias, en horario vespertino, nocturno e de sobremesa.Maneiro, 2013.
O Diario Cultural foi mudando ao mesmo tempo que o facía o tecido cultural galego; os contidos ampliáronse e as persoas implicadas no funcionamento do programa diversificáronse co paso dos anos.
Alén das emisións diarias e doutros programas especiais e monográficos, o Diario promoveu o libro Narradio. 56 historias no ar e, convoca e produce anualmente, o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Para fomentar a creatividade radiofónica entre a audiencia do programa, convoca o concurso de creación semanal "Sonigramana". O programa propón unha historia en sons e a audiencia escribe unha historia de ata cen palabras.
Organigrama (1990-2018)
Dirección, redacción e presentación: Ana Romaní. Redacción e presentación: Xiana Arias. Realización técnica e sonora: Chus Silva. Produción: Concha de la Fuente.
Cada día da semana unha persoa facía crítica especializada nun eido da cultura: Uxía (crítica musical), Chus Nogueira (crítica literaria), Natalia Poncela (artes visuais), Antón Lopo (artes escénicas) e Miguel Anxo Fernández Fernández (cinema).
Ao longo da traxectoria do programa ocupáronse da redacción e presentación Begoña Caamaño, Anxo Quintela, entre outras. Colaboraron no programa Alfredo Conde, Xosé Filgueira Valverde, Ramón Lorenzo, Francisco Fernández del Riego, Víctor F. Freixanes, Antón Fraguas, Xavier Alcalá, Susana Cendán, Fernando V. Arias, Xosé González Martínez, Modesto Hermida, Carlos Casares, Carlos Valle, Ramón Villares, Xavier Queipo, Dolores Vilavedra, Anxo Quintela, Luz Fandiño, Helena González Fernández ou Débora Campos.Maneiro, 2013, p. 165.
Estrutura (1990-2018) Na xeira, dirixida por Ana Romaní, cada programa tiña unha duración aproximada duns 45 minutos. Comezaba cunha sintonía propia seguida dunha breve introdución na que se expuñan grosso modo os temas que serían tratados posteriormente. Estes temas abranguen desde o pensamento, a crítica literaria e musical á presentación de obras de teatro e espectáculos. Os programas incluían entrevistas a diferentes figuras do panorama cultural galego.
Unha das características do Diario Cultural era a programación especial co gallo de datas destacadas como o Día das Letras Galegas, o 25 de xullo ou 8 de marzo, do recoñecemento ou do pasamento de persoas destacadas da cultura, sinaladamente, da cultura galega. Moitos destes especiais celebráronse en lugares sobranceiros da cultura galega (teatros, institucións etc.).
Un dos proxectos máis sinalados foi o proxecto de emisións poéticas “De Cantares hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI”, no que se propuxo a poetas de diversas xeracións e estilos a reescrita dos 36 poemas de Cantares Gallegos que aínda non foran versionados. No libro que recolle os textos, explícase cal era o obxectivo do proxecto:Procúrase un diálogo poético quenada ten de submisión a un texto dado nin de tradución dun noutro senón de exercicio de libre creación erecreacion, cos materiais das poéticas contemporáneas, das tensións que emerxen nos textos de Rosalía de Castro. A iniciativa, que se enmarca na xenealoxía do literario e do seu carácter de palimpsesto –no que tempos e voces conflúen– subliña a vixencia da voz poética de Rosalía de Castro e a capacidade que a súa obra ten de seguir a xerar interaccións. Ao tempo, o proxecto pretende contribuír á conformación dun arquivo poético sonoro no que o poema, a súa dicción, adquire a relevancia que a grafía ten no texto escrito. Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural Este premio, con dotación económica, está organizado polo programa Diario Cultural en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Celebrouse por primeira vez no ano 2006 e a partir de 2008 convócase con periodicidade anual. O seu obxectivo é promover a escrita de textos dramáticos para a radio, así como colaborar na recuperación do formato do teatro radiofónico. Trátase tamén de estimular a creación de pezas dramáticas contemporáneas e proporcionar unha plataforma de creación que permita a entrada de novas linguaxes artísticas na radio. O premio conta cun volume moi elevado de presentación de orixinais. Ata 2017 presentáronse máis de 450 obras orixinais e foi en 2016 cando se acadou o récord de inéditos, cun total de 82. A listaxe de premios permite constatar que as autoras e autores repiten (David Rodríguez, Eva F. Ferreira, Marcos Abalde).
As asociacións e institucións profesionais salientaron en diversas ocasións o relevo deste proxecto para a visibilización, recoñecemento e dinamización do teatro galego, xa que, como sinalou a MIT, fai de “atalaia que nos remiten os sons, as mensaxes, a sedución ou o impacto que nos agarda na escena [...] non escapa de lle conceder decotío un digno espazo de tempo a un xénero, o teatral, ás veces marxinal no mercado do libro ou das lecturas escolares".
Virgina Guarinos salienta a importancia deste premio entre os que contribúen a reforzar o radioteatro, máis alá da fórmula da radio soap, na Península Ibérica, xunto a programas como o clásico Premio de Teatro Radiofónico Margarita Xirgu de Radio Exterior de España e o Concurso Radio Teatro Carlos Pérez Uralde de Radio Vitoria.
As obras premiadas foron publicadas en audiolibro por Edicións Xerais de Galicia, e, desde a VIII edición, de 2014, pola Xunta de Galicia. O primeiro logotipo do premio foi deseñado por Uqui Permui en 2008.
Obras gañadoras +Premio do xuradoPremio da audienciaMención especial ou finalistas do xuradoFinalistas do público2006O bambán, de David RodríguezO elixido, de Raúl Dans
1073, de Eva Freixeira Ferreira 2008O mal da vaca, de Begoña García FerreiroSaltimbanqui, de Lois Pérez DíazOla Silvia, ¿estás aí?, de Fátima Rodríguez Figueiras
Último capítulo, de Roi Vidal Ponte2009Peter Buckley, de Rubén Ruibal e César CandelasServizo de Información, de Paula Carballeira O xou mas gou on, de Eva Freixeira Ferreira2010Indoor, de Vanesa Martínez SoteloO vento da illa, de Begoña GarcíaNunca me esquecerei de ti, de David Rodríguez 2011Paraísos, de Xosé Manuel Pacho BlancoComo eliminar as manchas de vómito, de Eva Freixeira FerreiraCarne de canón, de Rebeca Montero Señora Carme, de Manuel Román2012Poema sinestésico para tres voces e un can, Eva F. FerreiraIntercom-Baby, de Santiago Cortegoso e María BañobreIronías, de Carlos Losada GaliñánsQuendas, de Zé Paredes2013Chovencartos, de Raquel MarcoO demo nunca dorme, de Jesús Lista NegraDespois do sinal, de Santiago Cortegoso e Marián BañobreSuite en tres movementos para unha época de noxo, carraxe e indignación, de Irma Amado2014Explotados, de César CarracedoA primeira vez, de Carmen Blanco SanjurjoPara o norte, de Marcos AbaldeA guerra silenciosa, de Marcos Abalde2015Evasión, de Clara Gayo PérezNon teño espello no baño, de Avelina Pérez PérezHai un punto que me doe, de Marián Bañobre e Santiago CortegosoAsalto ao rexional das 11, de Daniel García Níñez2016O quinto inverno, de Eva F. FerreiraUn bo final, de Carolina Alba CastroPunto de vista, de Avelina PérezVeos, de Ana Carreira2017Psicofonías, de Marcos AbaldeAlianzas, de Avelina Pérez PérezProxecto tempo, de Clara GayoAndrómenas soa moi antigo, de Fernando Epelde
Equipo artístico e técnico +Dirección e adaptaciónradiofónicaElencoRealización edeseño sonoro2006Lino BraxeLuís Tosar, Luis Zahera2008Quico CadavalManuel Lourenzo, Susana Dans, Belén Constenla, Rebeca Montero, Marcos Orsi, Xan Cejudo, Xosé Manuel Olveira 'Pico’, Fernando Pedrido2009Cándido PazóSantiago Cortegoso, Xosé Manuel Olveira 'Pico', Pepo Suevos, Miguel Varela, Marcos Correa2010Ánxeles CuñaSabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Tito Asorey, Fina Calleja, Josito Porto2011Ana VallésNuria Sanz, Margarita Fernández, Mónica Caamaño, Laura Ponte, Marcos Viéitez, Manu Lago2012Evaristo CalvoVíctor Mosqueira, Paula Buxán, Marcos Correa, Borja Fernández, Rocío González, Nuria Sanz, Laura Ponte, Pilar Pereira, José L. López Cava2013Mariana CarballalXosé Barato, César Cambeiro, Luisa Merelas, Celso Parada, Estíbaliz Veiga, Mela Casal, Belén Constenla, Afonso Becerra, Rocío González, Xosé Baliñas, Santiago Pemán.Chus Silva2014Cristina DomínguezCésar Goldi, Machi Salgado, Mónica García, María Llanderas, Aaron Gómez Gallego2015Tito AsoreyMelania Cruz, Fernando González, Antonio Durán Morris, Mela Casal, Covadonga Berdiñas2016Marta PazosMelania Cruz, Maria Roja, Ricardo de Barreiro, Gena Baamonde, Chelo do Rejo2017Santiago CortegosoFernando Dacosta, Iria Sobrado, Salvador del Río, Marián Bañobre
Publicacións Todas as publicacións do programa recollen proxectos especiais ideados para o programa de radio, en diferentes formatos. Publícanse como audiolibro mais o soporte de son é variable: cd ou ficheiro de Internet en acceso aberto.