Dornbirn é unha cidade de 43.583 habitantes pertencente ao estado federado de Vorarlberg, en Austria e centro administrativo do distrito de Dornbirn. Está situada preto das fronteiras con Suíza, Alemaña e Liechtenstein. O río Dornbirner Ach atravesa a cidade antes de desembocar no Lago Constanza. A cidade divídese en seis distritos administrativos.

Dornbirn é a maior cidade de Vorarlberg e un importante centro comercial. O centro rexional da ORF (Radio Television Austríaca), a escola de ciencias aplicadas (Fachhochschule) de Vorarlberg e outras institucións atópanse aquí. A cidade foi un centro importante da industria téxtil, ata que este comercio comezou a declinar na década de 1980. Destaca tamén como centro de deportes de inverno.

Ademais da cidade homónima, o distrito de Dornbirn (un dos catro nos que se divide Vorarlberg), inclúe a cidade de Hohenems e a vila de Lustenau.

Galería

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web de Dornbirn

Categoría:Cidades de Austria