Nelson Pereira dos Santos, nado en São Paulo o 22 de outubro de 1928 e finado no Río de Xaneiro o 21 de abril de 2018, foi un director de cinema brasileiro. Dirixiu filmes como Vidas secas, baseado no libro homónimo de Graciliano Ramos.

Traxectoria Pereira dos Santos naceu en São Paulo e o primeiro filme que dirixiu foi Rio 40°, estreado en 1965. O filme é a crónica da vida nas favelas do Río de Xaneiro, e influíu algúns outros directores, impulsando o movemento do Cinema Novo.

O seu filme máis coñecido fóra do Brasil é Como Era Gostoso o Meu Francês (1971), que participou no 21.º Festival de cinema de Berlín. Está ambientado no século XVI e retrata as supostas prácticas caníbales dos guerreiros tupinambas contra os colonizadores franceses e portugueses do litoral brasileiro. Na 44.ª edición do mesmo festival participou o filme A Terceira Margem do Rio.

En Brasília 18% (2006) explora algúns dos aspectos escuros da política brasileira do momento e a corrupción política, o asasinato de testemuñas de xuízos e o lavado de cartos.

Pereira dos Santos foi membro da Academia Brasileira de Letras dende 2006. Faleceu dun fallo multiorgánico o 21 de abril de 2018 aos 89 anos.

Filmografía

1949 - Juventude (curtametraxe) 1955 - Rio, 40 Graus 1957 - Rio, Zona Norte 1961 - Mandacaru Vermelho 1962 - Boca de Ouro 1963 - Vidas Secas 1967 - El Justicero 1968 - Fome de Amor 1970 - Azyllo Muito Louco 1971 - Como Era Gostoso o Meu Francês 1972 - Quem é Beta? 1974 - O Amuleto de Ogum 1977 - Tenda dos Milagres 1980 - Na Estrada da Vida con Milionário & José Rico 1982 - Missa do Galo (curta-metragem) 1984 - Memórias do Cárcere 1987 - Jubiabá 1994 - A Terceira Margem do Rio 1995 - Cinema de Lágrimas 1998 - Guerra e Liberdade - Castro Alves em São Paulo 2000 - Casa Grande & Senzala (serie documental para televisión) 2001 - Meu Cumpadre Zé Keti (curtametraxe) 2004 - Raízes do Brasil (documental) 2006 - Brasília 18%2009 - Português, a Língua do Brasil (documental) 2012 - A Música segundo Tom Jobim (documental) 2012 - A Luz do Tom (documental)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Darlene J. Sadlier: Nelson Pereira dos Santos'' (Contemporary Film Directors), University of Illinois Press, 2003, ISBN 0-252-07112-3 Ligazóns externas Nelson Pereira dos Santos Bio-Filmography en Senses of Cinema por Hudson Moura Description of dos Santos by Ephraim Katz Entrevista com Nelson Pereira dos Santos no cinemaCAFRI.com

Categoría:Directores de cinema do Brasil Categoría:Guionistas do Brasil Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Membros da Academia Brasileira de Letras