John Frederick Milius, nado o 11 de abril de 1944, é un guionista, produtor e director estadounidense. Foi un dos guionistas dos dous primeiros filmes da saga Harry o sucio. Recibiu un nomeamento ós Oscar como guionista de Apocalypse Now, e escribiu e dirixiu O vento e o león, Conan o bárbaro e Amencer vermello.

Traxectoria Na década de 1960 intentou alistarse no exército pero foi rexeitado por problemas de saúde. Comezou a súa carreira no mundo do cinema a partir dun concurso de filmes de estudantes en 1967, no cal gañou o primeiro premio co filme I'm So Bored. Comezou a traballar noutros filmes de pequenos orzamentos e finalmente en producións meirandes. Malia comezar como guionista, decidiu traballar como director ó quedar satisfeito coas modificacións feitas ós seus guións para The Life and Times of Judge Roy Bean e As aventuras de Jeremiah Johnson (1972). Fascinado pola guerra de Vietnam, escribiu con Francis Ford Coppola o guión de Apocalypse Now en 1979, polo cal foi nomeado ó Oscar ó mellor guión adaptado. O seu filme máis coñecido como director, Conan o bárbaro (1982), é considerado unha ilustración nietzschiana das ideas persoais do seu autor, e lembrado polo protagonista do filme, Arnold Schwarzenegger, como unha experiencia traumática. Traballou tamén como conselleiro de guións en diversos filme, como Tiburón e The Hunt for Red October.

En 2005, creou con William J. MacDonald, para a canle inglesa BBC e para a estadounidense HBO, a serie de televisión Rome. En 2009, participou no guión do videoxogo Homefront de Kaos Studio. En 2010, participou como guionista e director no desenvolvemento do proxecto da serie de televisión Pharaoh, semellante a Rome, pero esta volta ambientada no Antigo Exipto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en St. Louis, Missouri Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América