A ABA Liga 2 ou Druga ABA liga é a segunda categoría do sistema de competición da Liga do Adriático, que engloba equipos pertencentes aos países da antiga Iugoslavia: Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Montenegro, Macedonia do Norte e Serbia. Está organizada pola ABA League JTD.

Historia A asemblea da ABA League, celebrada o 24 de xullo de 2017 en Belgrado, Serbia, decidiu a creación dunha segunda división para a ABA Liga coa presenza de 12 participantes. Tendo en conta os resultados nas ligas nacionais e os equipos que enviaron solicitude para participar da mesma, elixíronse os equipos que participantes na súa primeira edición. Estes equipos foron o Krka, descendido da primeira división, nove equipos seleccionados previamente, e logo dous máis que saíron da celebración de dúas fases previas. Finalmente, equipos de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Montenegro, Macedonia do Norte e Serbia conforman unha competición semellante á extinta segunda división da YUBA Liga, segunda categoría do baloncesto da antiga Iugoslavia. O campión do campionato consegue o ascenso. Na súa primeira edición alzouse co título, regresando á primeira división, o Krka.

Formato Os doce equipos participantes se enfrontan nunha liga de ida e volta, disputando os catro primeiros participantes unha Final Four a partido de onde sae o campión que consegue o ascenso á primeira división.

Equipos Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da ABA Liga 2.

Equipo Cidade País Pavillón Capacidade Borac Banja Luka Sportska Dvorana Borik Gorica Velika Gorica Dvorana Velika GoricaHelios SunsDomžale Komunalnega CentraKrkaNovo Mesto Dvorani Leona Štuklja Pelister Bitola Boro Čurlevski Podgorica Podgorica Bemax Arena Sloga Kraljevo Hala sportova u KraljevuSparsSaraxevo Novo SarajevoSutjeskaNikšić Sportski Centar NikšićŠenčurŠenčur Sportska Dvorana ŠenčurŠirokiŠiroki Brijeg Dvorana PecaraTFT SkopjeSkopje SRC KaleVrijednosniceOsijek Dvorana Gradski vrtZlatiborČajetina Sportska Hala KSC

Campións Ano Campión Subcampión Campión liga regular Adestrador do campión MVP 2017–18 Krka Sixt Primorska Borac Čačak Simon Petrov Marko Jošilo 2018–19 Sixt Primorska MZT Skopje Sixt Primorska Goran Jagodnik Marko Jagodić-Kuridža 2020–21 Studentski centar Spars Studentski centar Nenad Trajković Marko Tejić 2021–22 Zlatibor MZT Skopje MZT Skopje Strajin Nedović Dušan Kutlešić

Todos os participantes Na seguinte liga aparecen todos os equipos que teñen participado na ABA Liga 2 desde a súa fundación.

1D Xoga na Primeira División Cancelada (Cn.) Temporada cancelada pola pandemia de COVID-19 Desap. Equipo desaparecido SP Equipo suspendido para a seguinte temporada 1º Campión 2º Subcampión SF Semifinalista Negra Equipos da temporada 2022−23 ASD Aínda sen determinar R Campión da liga regular

Team 181920212223AnostotaisMellorposto Borac Banja Luka 3 Bosna Royal 1 Sloboda Tuzla 1 Spars 5 Široki 4 Zrinjski 2 Gorica 2 Split 3 Vrijednosnice Osijek 2 Lovćen 1947 5 Podgorica 3 Studentski centar R 1 Sutjeska 5 Teodo 1 AV Ohrid 1 MZT Skopje R 4 Pelister 2 Rabotnički 1 TFT Skopje 1 Borac Čačak R 3 Dynamic 3 Mladost Zemun 2 Novi Pazar 1 Sloboda Užice 1 Sloga Kraljevo 1 Vojvodina 1 Vršac 2 Zlatibor 3 Helios Suns 5 Krka 2 Primorska R 2 Rogaška 4 Šenčur 1

Notas

Véxase tamén Outros artigos ABA Liga YUBA Liga

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Liga do Adriático Categoría:Ligas de baloncesto de Serbia Categoría:Ligas de baloncesto de Croacia Categoría:Ligas de baloncesto de Montenegro Categoría:Ligas de baloncesto de Bosnia e Hercegovina Categoría:Ligas de baloncesto de Eslovenia