Pakistan International Airlines (urdú: پاکستان انٹرنیشنل ایئر لائنز), comunmente referida coa abreviación PIA (urdú: پیآئیاے), é a aeroliña nacional de Paquistán. O seu principal centro de conexións está en Karachi e ten centros de conexións secundarios en Lahore e Islamabad.
A aeroliña fundouse o 23 de outubro de 1946 como Orient Airways, inicialmente estivo baseada en Calcuta, na India Británica, antes de pasar as súas operacións a Paquistán, que acababa de independizarse, en 1947. No ano 1955 foi nacionalizada e renomeada Pakistan International Airlines. Ese mesmo ano iniciou os seus servizos internacionais cara Londres e Roma. PIA foi a primeira aeroliña asiática en operar o Lockheed Super Constellation, e foi a primeira compañía non comunista en voar a China. PIA foi a segunda aeroliña asiática en introducir o Boeing 707. No ano 2004 converteuse no cliente de lanzamento do Boeing 777-200LR.
PIA é a aeroliña máis grande do país e opera unha frota de máis de 30 avións. A compañía opera voos regulares a 22 destinos domésticos e 28 internacionais en Asia, Europa, Oriente Medio e Norteamérica.
Frota miniatura|Boeing 777-300ER miniatura|ATR 42 e Airbus A310-300 En decembro de 2017 a frota de Pakistan International Airlines está formada polos seguintes avións:
+ Frota de Pakistan International AirlinesAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas C Y+ Y TotalAirbus A320-2001138–1501583 pintados coa librea dos 60––180180ATR 42-5005—–103848ATR 72-5005—–125870Boeing 777-200ER3—35542403291 pinta coa librea dos anos 602255424031913545240320Boeing 777-200LR2—3560215310Cliente de lanzamentoBoeing 777-300ER35355430439311840384442Total338
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Paquistán