Enrique Mauricio Iglesias, tamén coñecido por Mau, nado en Pontevedra o 13 de marzo de 1977, é un escritor galego.
Traxectoria miniatura|Carlos Álvarez Taboada e Enrique Mauricio: Polo correo do vento. Foi xogador de balonmán. Estudou no IES Sánchez Cantón a secundaria e logo fixo Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela.
Participou na campaña de Onde vén o leite para Feiraco, na banda deseñada Dominicanas Somos e nunha curta de animación para o Museo Massó.
É autor, conxuntamente con Carlos Álvarez Taboada, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.
Polo Correo do Vento foi Premio Cidade de Pontevedra 2025 na categoría de persoa xurídica, xa que segundo o Concello «vén amosando desde a súa creación unha excelencia artística recoñecida e recoñecíbel, así como un compromiso para coa cultura galega e pontevedresa... que destaca pola súa capacidade creativa excepcional e polo seu foco no público infantil con materiais de extraordinaria calidade».
Debido ao pasamento de Carlos Taboada Polo correo do vento deu paso en 2026 ao Colectivo Xurelo, liderado por Enrique Mauricio Iglesias e do que forman parte os músicos Antón Ke, Marcelo Dobode e Alba Faro, ademais da ilustradora Tania Solla.
Obras
Con Carlos Taboada Hugo, o carteiro teixugo (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-912-0. Mariquiña, a carteira andoriña (2008). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9782-911-3. Martiño, o carteiro porquiño (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Carola, a carteira centola (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-065-0. Violeta, a carteira bolboreta (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Xelo, o carteiro xurelo (2009). Edicións Xerais. 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7. Amaranta, a carteira Saramaganta (2011). Edicións Xerais. 32. p. ISBN 978-84-9914-193-0. O esquío rampante (2015). Edicións do Cumio. 76 p. ISBN 978-84-8289-493-5. Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-0-0. Periplo Atlántico. Unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao (2016). Lela Edicións. 56 páxs. ISBN 978-84-946043-1-7. Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-2-4. Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero (2017). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-4-8. A detective Peregrina e o misterio do Torque (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-84-946043-5-5. A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas" (2018). Lela Edicións. 32 páxs. ISBN 978-8494604362. Seoane. O creador na súa tinta. Primeira parte (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-7-9. De cando Antonio Fraguas foi alumno de Castelao (2019). Lela Edicións. ISBN 978-84-946043-9-3. Ricardo Carvalho Calero (2019). Lela Edicións. Ilustracións de Miguel Pérez Ramudo. ISBN 978-84-121263-0-3. Unha casiña branca na Mariña. Pequena biografía de Filomena Dato (2020). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-3-4. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 978-84-121263-5-8. De Valdeorras a México. Terra a nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán (2021). Lela Edicións. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-6-5. A cabalo dunha pomba. Pequena biografía de Manuel Lueiro Rey (2021). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-121263-4-1. Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego (2022). Ilustracións de Tania Solla. 31 páxs. ISBN 978-84-121263-9-6. Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta (2023). Lela Edicións. 31 páxs. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-12623505. Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira (2023). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. O poeta da terra. Pequena Biografía de Enrique Labarta Posse (2024). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 9788412623512. Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas (2025). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-126235-2-9.
Como colectivo Xurelo
Begoña Caamaño. Pequena Biografía (2026). Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. 32 páxs. ISBN 9788412623543.
Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Polo Correo do vento Canle de YouTube Polo Correo do vento
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1986 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela