A igrexa de Eke (sueco: Eke kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Eke, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura A presente igrexa coa súa nave románica e torre gótica estivo precedida por unha stavkirke no mesmo lugar, da cal se atoparon fragmentos baixo o chan da igrexa no ano 1916. A stavkirke estaba decorada con pinturas de estilo bizantino.
As partes máis antigas do actual edificio son a nave e o coro, que datan de mediados do século XIII. A desproporcionada torre foi engadida ao redor do ano 1300. Posteriormente engadiuse a sancristía no ano 1833, e agrandáronse todas as fiestras orixinais agás unha. Ese ano os murais medievais foron borrados con cal e foron descubertos novamente en 1916.
Externamente a igrexa está dominada pola masiva torre. Esta ten un portal gótico, mentres que a nave ten portais románicos decorados con pedra calcaria vermella e arenito gris-verde de xeito alterno.
No seu interior a igrexa está ricamente decorada con frescos medievais. Os máis antigos, do século XIII, atópanse no coro e representan animais imaxinarios, ornamentos xeométricos e follaxe. Os outros son de mediados do século XV e amosan escenas da Paixón de Cristo e doutras historias da Biblia.
Entre o mobiliario da igrexa destaca a pía bautismal do escultor románico coñecido como Sigraf que data do século XII, así como unha Madonna de madeira de ao redor do ano 1500. Os bancos e o púlpito son do século XVIII.
A igrexa foi restaurada en 1916 e entre 1969 e 1971.
Galería de imaxes
Notas
Eke