O Areópago ou «Outeiro de Ares», é un monte situado ao oeste da Acrópole de Atenas, sede do Consello que alí se reuniu desde o 480 a. C. até o 425.
Outeiro do Areópago Xeoloxicamente, o outeiro do Areópago é un enorme monólito de mármore gris azulado, veado de vermello. Mide 115 m de altura e domina a Ágora de Atenas. Na cima e nas ladeiras obsérvanse cortes na roca, formando plataformas, que son os únicos restos de antigos edificios.
Segundo a lenda, chamábase así porque Ares fora xulgado polos deuses e exonerado de ser axustizado por dar morte a Halirrotio, fillo de Poseidón, que violara a unha filla de Ares: Alcipe. Por outra banda, e tamén segundo a lenda, alí foi xulgado Orestes polo asasinato da súa nai Clitemnestra.miniatura|340x340px|A Acrópole vista desde o Areópago.|centro Consello do Areópago miniatura|A Ágora vista desde o Areópago. Na súa orixe, o Consello do Areópago dependía do rei e compúñase unicamente de Eupátridas. A influencia destes aumentaba a medida que ía diminuíndo o poder do rei, até o século -VII, no que estes últimos chegaron a gobernar.
Tras as reformas de Solón, os seus membros eran escollidos entre os arcontes (maxistrados) cuxos cargos eran inamovíbeis e representaban aos ricos en oposición aos aristócratas, aínda que constituían un organismo menos exclusivo.Aristóteles: Constitución dos atenienses, 3.
Este tribunal controlaba aos maxistrados, interpretaba as leis e xulgaba aos homicidas.Aristóteles: Constitución dos atenienses, 4.4. Os seus poderes políticos foron recortados e, en certa medida, limitados por Clístenes, pero mantiveron o poder até as Guerras Médicas.Aristóteles: Constitución dos atenienses, 23.1. Co rápido progreso das institucións democráticas, os seus poderes resultaban incongruentes. Os arcontes perderon o seu prestixio e o seu poder político no 487 a. C. e xa non eran escollidos entre os homes máis importantes da sociedade, senón que eran elixidos por sorteo.
Efíaltes, no 462 a. C. retiroulles a custodia da constitución, co que a súa competencia diminuíu.Aristóteles: Constitución dos atenienses, 25. Conservaron, no entanto, a súa función de tribunal para xulgar os asuntos criminais, pero perderon toda a súa importancia política.
Paulo de Tarso miniatura|dereita|Placa gravada co sermón de Paulo no Areópago. Atópase rexistro bíblico, dicindo en Feitos 17,16-18 e 22, que o apóstolo Paulo de Tarso pronunciou un discurso alí, cando uns filósofos epicúreos e estoicos o conduciron ao Areópago para que explicase aquel ensino «estranxeiro» que publicaba.
Na actualidade hai unha placa de bronce que contén este discurso do apóstolo Paulo e que conmemora dito acontecemento. Non é posíbel afirmar con certeza que naquela ocasión Paulo falase ante o tribunal do Areópago, pero no seu auditorio tivo polo menos a un compoñente dese notábel tribunal, segundo se afirma en Feitos 17:33-34.
Notas
Vézase tamén Ligazóns externas
Categoría:Lugares da mitoloxía grega Categoría:Atenas