miniatura|O río Támega e a ponte romana de Traxano na cidade de Chaves.

O Alto Tâmega, tamén designado como Comunidade intermunicipal do Alto Tâmega ou CIM Alto Tâmega, é unha comunidade intermunicipal constituída o 15 de outubro de 2008.

Situación e municipios que a compoñen É unha subrexión estatística do nivel III (NUTS III) da Rexión Norte de Portugal, situada no curso superior do río Támega, no seu percorrido portugués,Assembleia da República, Lei nº 75/2013 de 12 de setembro - Establece o réxime xurídico das autarquías locais, aproba o estatuto das entidades intermunicipais, estabelece o réxime xurídico da transferencia de competencias do Estado ás autarquías locais e ás entidades intermunicipais e aproba o réxime xurídico da asociación autárquica. INE de Portugal. Censos. e está rexida pola Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte.

Limita ao oeste coas subrexións de Cávado e de Ave, ao norte con España (Galicia), ao leste coa subrrexión das Terras de Tras os Montes e ao sur coa subrexión de Douro.

Agrupa os municipios do val superior do río Tâmega (Chaves, Montalegre e Ribeira de Pena), da subrrexión Barroso (Boticas e Montalegre), e da zona da meseta de Valpaços, na serra da Padrela (Valpaços e Vila Pouca de Aguiar).

O seu principal centro administrativo é a cidade de Chaves.

Estes seis municipios abarcan unha superficie de 2 921,92 km² e contaban, en 2011, cunha poboación de 94 143 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 32,2 hab./km².

Municipios miniatura|Castelo de Montalegre. Municipio Superficie (en km²) Poboación(censo de 2011) Boticas 322,0 5 750 Chaves 591,2 41 243 Montalegre 805,5 10 537 Ribeira de Pena 217,5 6 544 Valpaços 548,7 16 882 Vila Pouca de Aguiar 437,1 13 187 Total 2 921,92 94 143

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rexión Norte, Portugal

Ligazóns externas CIM Alto Tâmega

Categoría:Subdivisións de Portugal Categoría:NUTS III portuguesas