Obdulia Álvarez Díaz, nada en La Fuente la Plata (Oviedo) en 1896 e finada en Xixón o 27 de xaneiro de 1960, foi unha cantante asturiana de tonadas, coñecida como La Busdonga.
Traxectoria O seu alcume debíase a que o seu pai traballou como ferroviario na estación de Busdongo, en Villamanín (provincia de León), de onde vén o seu nome artístico. Tamén viviu en Mieres, onde o seu pai e a súa nai tiñan un chigre (sidraría) que servía de escenario. En 1934 estableceuse en Xixón.
Na década de 1920 traballou co compositor e pianista Baldomero Fernández e con Ángel González Rodríguez "El Maragatu". Acadou éxito con cancións como “Pasé'l puertu Payares”, “Canteros de Covadonga”, “Carrosmateros”, “Los mineros del Fondón” ou “Hai una linia trazada”. Entre 1925 e 1926 gravou os seus primeiros discos en Uviéu e máis tarde en Madrid . Neles aparece tamén cos gaiteiros José Álvarez e Marcelo del Fresno. Chegou a gravar 24 cancións.
En 1955 interveu como artista invitada no concurso de Canción Asturiana do salón Babel, acompañada á gaita polo seu irmán Aurelio (tamén chamado El Busdongu), e un ano despois gravou dous cantares con Laudelino Alonso para a discográfica Columbia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Gravacións na Biblioteca Nacional de España Dúas pezas cantadas por Obdulia Álvarez Díaz en Discogs
Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Personalidades sen imaxes