Un terzo era unha unidade militar do exército do Imperio Español durante a época da Casa dos Austria. Os terzos foron famosos pola súa resistencia no campo de batalla, formando a elite das unidades militares dispoñíbeis para os reis de España da época. Os terzos foron a peza esencial da hexemonía terrestre, e en ocasións tamén marítima do Imperio. O terzo é considerado o renacemento da infantaría no campo de batalla e adoita ser comparado coas lexións romanas ou as falanxes de piqueiros macedónicas."...e, co Gran Capitán, a aparición nin máis nin menos que do terzo español, de algo que equivale na historia universal ao nacemento da falanxe macedonia ou da lexión romana". Braudel, Fernand (1976). "El Mediterráneo y el mundo mediterráneo en la época de Felipe II" (tomo II). México: FCE. p. 28
Os Terzos españois foron o primeiro exército moderno europeo, entendendo como tal un exército formado por voluntarios profesionais, en lugar das levas para unha campaña e a contratación de mercenarios usadas tipicamente noutros países europeos. O coidado que se poñía en manter nas unidades un alto número de "vellos soldados" (veteranos) e a súa formación profesional, xunto á particular personalidade que lle imprimiron os orgullosos fidalgos da baixa nobreza que os nutrían, é a base de que foran a mellor infantaría durante século e medio. Ademais, foron os primeiros en mesturar de forma eficiente as picas e as armas de fogo, como o arcabuz.
A partir de 1920 tamén reciben ese nome as formacións de tamaño rexemental da Lexión española, unidade profesional creada para combater nas guerras coloniais do norte de África, e que se inspiraba nas xestas militares dos terzos históricos. A Lexión española tamén garda certos parecidos coa Lexión estranxeira do exército francés.
Historia miniatura|Desembarco de terzos españois na batalla da Illa Terceira, nas Illas Azores.
Oficialmente, foron creados por Carlos I de España tras a reforma do exército de outubro de 1534 e a ordenanza de Xénova de 1536, onde se emprega por primeira vez a palabra terzo, como gornición das posesións do emperador en Italia e para operacións expedicionarias no Mediterráneo. Con estas tropas asentadas en Italia, Carlos I nas súas ordenanzas de 1534 e 1536 organizaba o seu exército en tres terzos: un no reino de Sicilia, outro no ducado de Milán (o reino da Lombardía) e outro no reino de Nápoles. Estes tres primeiros son os chamados Terzos Vellos, e serán Terzos Novos, os que van aparecendo dende este momento. Porén cando, outros e van adoptando a mesma denominación, para se diferenciar, adquirirán a de "Grandes Terzos Vellos".Martínez & Sánchez de Toca (2017, edición epub)
En realidade, estas unidades comezáranse a xestar na península. Durante o reinado dos Reis Católicos e a consecuencia da guerra de Granada, adoptouse o modelo dos piqueiros suízos, pouco despois repartíanse as tropas en tres clases: piqueiros, escudados (espadachíns) e besteiros mesturados coas primeiras armas de fogo portátiles (espingardeiros e escopeteiros). Non tardaron moito en desaparecer os escudados e pasar os homes con armas de fogo de ser un complemento das béstas a substituílas por completo. As vitorias españolas en Italia fronte aos poderosos exércitos franceses tiveron lugar cando aínda non se completara o proceso. De aí que, probabelmente, as súas orixes directas se poidan remontar ás tropas de Gonzalo Fernández de Córdoba en Italia, organizadas en coronelías que agrupaban ás capitanías. Estas tropas estacionadas en Italia, serán as que deron orixe aos tres primeiros terzos: o Terzo Vello de Sicilia, o Terzo Vello de Nápoles e o Terzo Vello da Lombardía.
Pouco despois creáronse o Terzo Vello de Sardeña e o Terzo de Galeras (que foi a primeira unidade de infantaría de mariña da Historia). Tódolos Terzos posteriores coñeceríanse como Terzos novos. A diferenza do sistema de levas ou mercenarios, recrutados para unha guerra en concreto, típica da Idade Media, os Terzos formáronse de soldados profesionais e voluntarios que estaban en filas de forma permanente, aínda que nun principio cada localidade debía prestar un de cada doce homes para os servizos do rei se este necesitábaos para a guerra; así e todo, nunca faltaron voluntarios. miniatura|A batalla de Pavia (1525), na que os imperiais venceron aos franceses.|alt=
O Terzo nun principio non era polo tanto, unha unidade de combate propiamente falando, senón de carácter administrativo, un estado maior que tiña baixo o seu mando unha serie de compañías que se achaban de gornición dispersas por diversas prazas de Italia. Este carácter peculiar mantívose cando os mobilizaron para combater en Flandres. O mando do terzo e o das compañías era directamente outorgado polo rei, polo que as compañías podíanse agregar ou desvincular do mando do terzo segundo conviñera. Deste modo, o Terzo mantivo o seu carácter de unidade administrativa, máis parecida a unha brigada do século XVIII que a un rexemento da época, ata mediados do século XVII, cando os terzos empezaron a ser levantados por nobres á súa conta, os cales nomeaban os capitáns e eran efectivos propietarios das unidades, como sucedía no resto dos exércitos europeos.
Estaban inspirados na Lexión romana, polo que algúns historiadores cren que puideron ser bautizados así debido á tertia, a lexión romana que operaba en Hispania. Eran unidades regulares sempre en pé de guerra, aínda que non existira ameaza inminente. Outros crearíanse máis tarde en campañas concretas, e identificábanse polo nome do seu mestre de campo ou polo escenario da súa actuación. A orixe do termo «terzo» resulta dubidoso. Algúns pensan que foi porque, na súa orixe, cada terzo representaba unha terceira parte dos efectivos totais destinados en Italia. Outros sosteñen que se debía a que tiña que incluír tres tipos de combatentes (piqueiros, arcabuceiros e mosqueteiros) de acordo cunha ordenanza para “xente de guerra” de 1497 onde se cambiaba a formación da infantaría en tres partes
Tamén hai quen considera que o nome provén dos tres mil homes, divididos en doce compañías, que constituían a súa primitiva dotación. Esta última explicación parece a máis acertada, xa que é a que recolle o mestre de campo Sancho de Londoño nun informe dirixido ao duque de Alba a principios do século XVI:
Daquela, o nome de Terzo pode vir do feito de que os primeiros terzos italianos estiveran compostos por 3 000 homes. O máis probable é que se referise simplemente a unha parte das tropas, como nas abordaxes, onde se dividían os homes en tres «terzos» ou «trozos».
Primeiros combates miniatura|Sitio de Gravelinas, onde produciuse a batalla de Gravelinas, cunha vitoria española sobre as tropas francesas que obrigou ao rei francés a firmala paz, e desistir da súa invasión de Italia. Esta batalla produciuse despois da batalla de San Quintín, e en honor a esta vitoria, o rei Filipe II mandou construír o Mosteiro do Escorial.
A estrutura militar española, innovada polos Reis Católicos na conquista de Granada e nas súas campañas por Italia, estivo fortemente influída polo chamado «modelo suízo». Os triunfos da firme infantaría suíza fronte á cabalaría pesada de Borgoña nunha serie de batallas campais revolucionaron os métodos de guerra medievais pois, por fin, a infantaría gañaba terreo á cabalaría, raíña indiscutíbel da guerra medieval. Era bastante lóxico que en España se aprendese a lección de que uns cadros de piqueiros ben formados podían derrotar a calquera cabalaría que se lles puxera diante. O número impoñíase sobre o esforzo inútil dos orgullosos cabaleiros, como xa precisou Maquiavelo en Os sete libros da arte da guerra.
A eficacia de combate dos terzos hispánicos estivo baseada nun sistema de armamento que unía a arma branca (a pica) co potencial de fogo do arcabuz, tomando unha síntese completa de dualidade de infantaría dotada de armas de fogo compactas. A superioridade do terzo sobre o modelo do cadro compacto suízo estaba, por outra parte, na súa maior capacidade de dividirse en unidades máis móbiles ata chegar ao corpo a corpo individual. A fluidez táctica que favorecía a predisposición combativa do infante español.
O certo é que dende a conquista de Granada (1492) ás campañas do Gran Capitán no reino de Nápoles (1495), tres ordenanzas sentaban xa as bases da administración militar dos exércitos españois. En 1503, a Gran Ordenanza reflectiu a adopción da pica longa e a distribución de peóns en compañías especializadas. En 1534 creábase o primeiro Terzo oficial, o da Lombardía, e un ano despois axudou na conquista do Milanesado español. Os Terzos de Nápoles e Sicilia creáronse en 1536, grazas á ordenanza de Xénova, promulgada por Carlos I de España.
Na batalla de Mühlberg, en 1547, as tropas imperiais de Carlos V venceron en Alemaña a unha liga de príncipes protestantes grazas, sobre todo, á actuación dos piqueiros imperiais.
Dez anos despois, en 1557, o exército español derrotou por completo ao francés na Batalla de San Quintín, feito que repetiuse con idéntico resultado na de Gravelinas en 1558, o que conduciu á paz entre ambos estados con grandes vantaxes para España. En todas estas batallas destacou a eficaz actuación dos Terzos.
Carácter e modo de vida Os soldados dos terzos eran homes orgullosos e extremadamente coidadosos do seu honor persoal e da súa reputación como soldados. Tratábanse de tropas agresivas, disciplinadas e cunha enorme confianza en si mesmos, pero difíciles de manexar no trato se non se facía con coidado. Por exemplo, os españois non consentían que se lles castigase golpeándolles coas mans ou unha vara, coma noutros exércitos, xa que considerábano indigno, e preferían recibir o castigo con armas como a espada, pese ao perigoso que era, por consideralo máis nobre. Nunha ocasión un soldado ao que un oficial tocara cun pau non dubidou en levar a man á espada, pese a saber que tal acto de rebeldía castigábase coa morte (como así sucedeu). Chegouse a discutir se tocar cunha vara como a hasta dunha arma resultaba ofensivo, incluso se era por accidente.
Semellante obsesión polos asuntos de honor e pola reputación facía que os soldados españois tivesen fama de camorristas, e non eran raros os duelos; e que os oficiais tiveran que tratalos con coidado, aínda que resultaba moi proveitoso utilizar o seu propio orgullo para suxeitalos. Cando loitaban xunto a terzos doutras nacionalidades ou aliados, era frecuente que os españois esixisen, para defender a súa reputación, os postos máis importantes, perigosos ou decisivos para o combate; como de feito se lles empregaba.
Unha forma de estimular o coidado das armas era seleccionar para as primeiras liñas de combate, as máis perigosas e polo tanto as máis distinguidas, aos que tivesen o equipo en mellor estado, e o exército español era o único da época que tivo que incluír castigos para aqueles que rompesen a formación pola ansia de combater ou distinguirse fronte ao inimigo. Os soldados españois eran as tropas que máis tarde se amotinaban por falta de pagas, chegando a aguantar anos sen cobrar e vivindo en condicións de miseria antes de rebelárense. Incluso, no canto de facelo antes dunha batalla importante, como era común para meter presión polas súas pagas, só o facían tras ela, para que non dixeran que non cumpriran co seu deber, senón que eran os seus xefes os que non o facían co seu non dándolles a paga. Incluso en caso de motín, elixían aos seus xefes e mantiñan unha disciplina equivalente á do exército.