Os Premios Frei Martín Sarmiento recoñecen obras literarias en galego seleccionadas polo alumnado e as familias dos centros educativos de Escolas Católicas.
O premio naceu no ano 2003 co obxectivo de fomentar a lectura do libro en galego entre o alumnado pertencente á rede de Escolas Católicas. Cada ano, un grupo de profesores le as novidades publicadas polas distintas editoriais ao longo do curso. Nos últimos anos, deste proceso saen os finalistas nas seis categorías: Infantil; 1ª categoría: 1º e 2º de Primaria; 2ª categoría: 3º e 4º de Primaria; 3ª categoría: 5º e 6º de Primaria; 4ª categoría: 1º e 2º ESO; 5ª categoría: 3º e 4º ESO; 6ª categoría: Bach e adultos.
Posteriormente, ao redor de 3.000 alumnos/as participan nas lecturas dos libros finalistas e, tras as súas valoracións, deciden quen é o autor/a gañador de cada ano.
A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten un convenio de colaboración con Escolas Católicas en materia de normalización lingüística que inclúe, a canda estes premios, diversas iniciativas de promoción do galego entre o persoal e o alumnado dos centros da federación.
Edicións I edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2005
Ota quere voar, de Ánxela Loureiro. Contos parvos e pillos, de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Irmán do vento, de Manuel Lourenzo.
II edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2006
1ª CATEGORÍA (8 a 11 anos): O elefante dunha soa orella, Rivadulla Corcón. 2ª CATEGORÍA (de 11 a 14 anos): A negrura do mar, Ramón Caride Ogando. 3ª CATEGORÍA (de 14 a 17 anos): Un bosque cheo de faias, Francisco Castro.
III edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2007
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): O pequeno da familia fantasma. Pinto & Chinto. Ed. Sotelo Blanco 2ª CATEGORÍA (3º a 5º de EP): As vacacións de Saida. Eva Peydra, Ed. Galaxia 3ª CATEGORÍA (de 6º de EP a 2º ESO): Tonecho de Rebordechao. Breogán Riveiro Vázquez. Ed. Galaxia 4ª CATEGORÍA (de 3º da ESO a Bacharelato): Corredores de sombra. Agustín Fernández Paz. Ed Xerais
IV edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2008
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): Poemas para pintar. Concha Blanco. Sotelo Blanco. 2ª CATEGORÍA (3º a 5º de EP): Dez piratas. Gloria Sánchez. Obradoiro. 3ª CATEGORÍA (de 6º de EP a 2º ESO): Zoa e Azor. An Alfaya. Tambre. 4ª CATEGORÍA (de 3º da ESO a Bacharelato): Ollos de auga. Domingo Villar. Galaxia.
V edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2009
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): O sorriso de Claudia. Rivadulla Corcón. Sotelo Blanco. 2ª CATEGORÍA (3º a 5º de EP): A lagoa das nenas mudas. Fina Casalderrey. Xerais. 3ª CATEGORÍA (de 6º de EP a 2º ESO): O ceo dos afogados. Francisco Castro. Xerais. 4ª CATEGORÍA (de 3º da ESO a Bacharelato): O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz. Xerais.
VI edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2010
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): O autobús da selva, de Manolo Uhía. Ed.Tambre. 2ª CATEGORÍA (3º, a 5º EP): ía e as zapatillas de deporte, de María Reimóndez. Ed. Xerais. 3ª CATEGORÍA (de e 6º de EP a 2º ESO): Os piratas da Illa de esperanza, de X.H. Rivadulla Corcón. Ed. Xerais. 4ª CATEGORÍA (de 3º ESO a bacharelato): Cabeza de medusa, de Marilar Aleixandre. Ed. Xerais. 5ª CATEGORÍA (adultos): Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado. Ed. Galaxia.
VII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2011
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): A tea de araña que todo o apaña, de Xoán Babarro. Ed. Rodeira. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Andanzas de Xan Farrapeiro, de Ramón Caride. Ed. Xerais. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): A ánfora exipcia, de An Alfaya. Ed. Tambre 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): Chámade Simbad, de Francisco Castro. Ed. Xerais. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO e Bacharelato): As sete mortes, de Carlos Vila Sexto. Ed. Galaxia 6ª CATEGORÍA (adultos): A praia dos afogados, de Domingo Villar. Ed. Galaxia
VIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2012
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): As espiñas do poco espiño, de Abraham Carreiro. Ed. A Nosa Terra 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Xoa, de Antonio Yáñez Casal. Ed. Xerais. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa. Ed. Xerais 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): Dragal, de Elena Gallego. Ed. Xerais. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO e Bacharelato): Menú de enganos, de Manuel Núñez Singala. Ed. Galaxia 6ª CATEGORÍA (adultos): Futuro imperfecto, de Xulia Alonso. Ed. Galaxia
IX edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2013
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): Vou ter un irmán, de María Solar e ilustracións de Xosé Tomás. Ed. Galaxia. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Ti non xogas, de Xurxo Silvestre Gómez. Ed. Xerais. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): A chave da Atlántida, de Anxo Fariña. Ed. Xerais / Xoeliki, de Abraham Carreiro. Ed. Sotelo Blanco 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): Mortos de ningures, de Ledicia Costas e Pere Tobaruela. Ed. Everest. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO e bacharelato): O noso amor será eterno, de Rivadulla Corcón. Ed. Xerais. 6ª CATEGORÍA (adultos): Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello. Ed. Galaxia.
X edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2014
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): A pomba da paz, de Ramón Caride. Ed. Xerais. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): O monstro das profundidades, de Manuel Uhía. Ed. Everest. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): A verdadeira historia da mosca da tele, de María Solar. Ed. Galaxia. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): O elefante branco, de Xesús Fraga. Ed. Tambre. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro. Ed. Galaxia. 6ª CATEGORÍA (Bacharelato, FP e adultos): Os fillos do mar; de Pedro Feijoo. Ed. Xerais.
XI edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2015
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): Raro, de Marcos Calveiro. Ed. Tambre. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Marcopola e a illa remeira, de Jacobo Fernández. Ed. Xerais. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): Soños de mar, de Rivadulla Corcón. Ed. Xerais. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): Améndoas e flores silvestres, de David Vázquez. Ed. Bahía. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): Bágoa da lúa, de Sabela González. Ed. Galaxia.
XII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2016
1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): A Burra Ramona, de Paula Carballeira. Ed. Bahía. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): As aventuras de Enrico Müller; de Xabier Frías. Ed. Edebé. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): Todos os soños, de Xavier Estévez. Ed. Tambre. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): O veleno da risa, de Jaureguízar. Ed. Xerais. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): A neve interminable, de Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais. 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): Tes ata as 10, de Francisco Castro. Ed. Galaxia.
XIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2017
INFANTIL: Fíos do querer, de Cé Orquestra Pantasma. S. Coop. Galega Miudiño. 1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): A estrambótica Illa do Tesouro, de Pinto & Chinto. E. Bululú. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Viaxe a Dragonia, de Xan López Domínguez. Ed. Rodeira-Edebé. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): O home que sabía voar; de Xabier López López. Ed. Tambre. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): O inspector Chumbo, de Xosé Lóis Ripalda. Ed. Ir Indo. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): A cea das enaguas, de An Alfaya. Ed. Tambre. 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): As horas roubadas, de María Solar. Ed. Xerais.
XIV edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2018
INFANTIL: Xogos musicais. Luis Prego. Edicións do Cumio. 1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): O sombreiro do mago. Ánxeles Ferrer. Ed. Xerais. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Contos do sol e da lúa. Helena Villar Janeiro. Ed. Alvarellos. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): Hilario e os tres medos. Xoán Babarro. Ed. Santillana. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): Tras a sombra do bruxo. Francisco Díaz Valadares. Ed. Rodeira-edebé. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): Presas fáciles. Miguelanxo Prado. El Patito editorial. 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): A ferida do vento. Antón Riveiro Coello. Ed. Galaxia.
XV edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2019
INFANTIL: Un ano máis. Olalla González. Kaladraka. 1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): 5 minutos. María Lado. Auga Ed. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Catro pedras vellas. Pere Tobaruela. Gahia. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): A señorita Bubbe. Ledicia Costas. Xerais. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): A incríbel viaxe de Noa. Fernando M. Cimadevila. Ed. Contos estraños. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): Descoñecidos. David Lozano Garbala. Rodeira-Edebé. 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): Campus Morte. Lito Vila Baleato. Galaxia.
XVI edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2020
INFANTIL: A casa do terror. Xoán Curiel. Galaxia. 1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): Macedonia de versos. Concha Blanco e Lidia Nokonoko. Aira Editorial. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): O xeito das froitas. María Reimóndez. Oqueleo. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): Brian, o chinés. David Daniel Vázquez. Embora 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): Novo mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina. El primo Ramón. Bululú. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): Efecto Frankestein. Elia Barceló. Rodeira-Edebé. 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): O pasaxeiro 19. Carlos Vila Sexto. Rodeira-Edebé.
XVII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2021
INFANTIL: Se che pica un mosquito. Jordi Gastó e Christian Inaraja. Kalandraka; 1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): Hércules o xigante. Unha torre de lenda. Enrique López. Hércules de Ediciones. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Animalia. 2 Branco. Xosé Tomás. Xerais. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): Conta nove estrelas. Andrea Maceiras. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): Maneiras de Vivir. Luis Leante. Tradución: Belén Rodríguez Suárez. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): Ardora. Beatriz Maceda. Urco Editora; 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): Beleza Vermella. Arantza Portabales. Galaxia.
XVIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2022
INFANTIL: Como se di, Lawrence Schimell e Thiago Lopes (ilust.). Alvarellos Editora. 1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): Mortiña, Bárbara Cantini. Hércules de Ediciones. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Patio de luces, Erica Esmorís. Xerais. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): Plan de rescate. Antía Yáñez. Xerais. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): O couso. David Walliams. Sushi Books. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): Como lágrimas de chuvia. Jordi Sierra i Fabra. Traducido por Xesús Domínguez Dono. Galaxia. 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): Luces sobre a ría. Roberto A. Rodrigues. Urco.
XIX edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2023
INFANTIL: Diferentes. Diferenzas. Silvia Penide e Emilio Urberuaga (ilustr.), editado por Bululú. 1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): A Pita Xefa de Marta Lado e María Seoane (ilustr.) Publicada por Baía Edicións. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): Contra o reloxo de Carlos Labraña, publicado por Galaxia. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): Rei de Mónica Rodríguez. Rodeira-Edebé 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): A cidade do átomo de Iria Misa. Xerais. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): Golpes de Luz de Ledicia Costas. Xerais 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): O paxaro burlón de Gerard Durrell. Traducido por Moisés Barcia. Sushi Books.
XX edición dos Premios Frei Martín Sarmiento 2024
INFANTIL: Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, editado por Galaxia. 1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP): Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, Edicións Embora. 2ª CATEGORÍA (3º, 4º): A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan, Edicións do Cumio. 3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP): Sálice e Sándalo, de Xoán Babarro, Antela editorial. 4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO): Cituta para dous, de Rocío Leira, Xerais. 5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO): distinguiuse o labor de tradución de Un feiticeiro de terramar traducido por Tomás G. Ahola e editado por Boadicea editora. 6ª CATEGORÍA (Bacharelato e adultos): A saga das curandeiras, de Marisa Castro, Hércules de ediciones.