As linguas uto-aztecas é unha familia de linguas indíxenas de América, que comprenden máis de 30 linguas. As linguas uto-aztecas fálanse exclusivamente no oeste dos Estados Unidos de América e México. O nome da familia foi creado para incluír as ute de Utah e as linguas nahuas de México.
A familia uto-azteca é unha das meirandes familias lingüísticas de América en número de falantes, número de linguas e extensión xeográfica. A máis setentrional é a shoshone, que se fala en Salmon, Idaho, mentres que a máis meridional é a lingua pipil do Salvador. Ethnologue ofrece unha cifra do número total de linguas, 61, e do número total de falantes, 1 900 412. Os case 1,5 millóns de falantes de náhuatl, representan un 78,9% do total.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Linguas aglutinantes