dereita|miniatura|Vehículos participantes no rally de Ourense no xardín do Posío. O Xardín do Posío, situado na cidade de Ourense, foi construído no ano 1846, sendo orixinariamente un xardín botánico. Este xardín estaba ligado á cátedra de Física, Química e Historia Natural do antigo Instituto de Segunda Ensinanza, actual IES Otero Pedrayo de Ourense.

Historia e características

miniatura|Chris Isaak en concerto nos xardíns do Posío. miniatura|Monumento a Lameiro. O Xardín do Posío creouse a mediados do século XIX polos mesmos profesores do antigo Instituto de Segunda Ensinanza. Preparárono coas árbores e plantas do Xardín Botánico de Madrid e xuntaron ata 200 especies. O recinto está forxado por un peche e portas, nas que hai uns floreiros.

O parque está estruturado en tres niveis. A parte superior está arborada e ten espazos de xogos infantís. A parte central está ocupada, principalmente, polo paseo con bancos e farolas. É un punto de encontro na cidade, onde tamén se programan concertos. A parte inferior está formada por un xardín centrado por un paseo de palmeiras, unha rosaleda e un estanque. Neste estanque hai paxaros, como un pavo real. É o mellor conservado, no que hai dúas esculturas que renden homenaxe. Francisco Asorey firma a que está adicada a Xavier Prado Lameiro en 1944. A outra recorda a Valentín Lamas Carvajal, e é unha obra conxunta de Manuel Pascual e Antonio Faílde. Na marxe do lateral sur estaba a Ermida da Nosa Señora do Posío, destruída ao construír a chamada, agora, rúa Coruña. Esta imaxe foi trasladada preto da fonte das Burgas.

Véxase tamén Outros artigos Xardíns de Galicia Ligazóns externas Xardín do Posío, na páxina web Turismo de Ourense. Xardín do Posío, na páxina web Zapos y Princesas Guía de concertos , na páxina web Guía del ocio . Exposición H2O en Ourense, na páxina web Ocio en Galicia .

Categoría:Parques de Ourense