Seongnam (en coreano: 성남시) é unha cidade de Corea do Sur, a segunda máis poboada do país. Seongnam sitúase no noroeste do país, na provincia de Gyeonggi, actuando como un satélite da capital, tan só a 26 km ao sueste de Seúl, próxima ao río Han.

Dada a súa proximidade á capital a cidade ofrece un amplo servizo de conexións en transporte público. O traxecto aproximado ata Seúl é duns 25 minutos. Así mesmo a cidade conecta con amplos complexos industriais como o Pangyo Techno Valley, Yatap Valley ou a Uirye Medi-Bio Valley, un centro de alta tecnoloxía adicado á investigación.

Economía O provedor da automoción Hyundai Mobis posúe o seu centro adicado á investigación cara a condución autónoma na cidade.Mobis

Deporte Seongnam FC é un equipo de fútbol profesional que compite na liga K League Classic.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Subdivisións de Corea do Sur

Ligazóns externas Páxina Oficial de Seongnam

Categoría:Cidades de Corea do Sur