A Asociación Galega da Muller foi unha organización feminista que foi fundada en 1976 en Galiza por Lola Ferreiro. Foi parte da Coordinadora de Organizaciones Feministas del Estado Español (COOFFEE).
En 1978 fundouse a agrupación Feministas Independentes Galegas a partir dunha escisión da AGM. En 1979 xurdiu a Coordinadora Feminista de Vigo, vinculada a AGM, FIGA, Asociación Democrática da Muller Galega e MDM.
A revista Andaina, publicación de debate feminista, apareceu en 1982 vinculada á AGM.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Movemento feminista en Galicia
Categoría:Organizacións feministas de Galicia