O LXIV Festival de Eurovisión foi a 64ª edición do festival e celebrarase en Tel Aviv, Israel, os días 14, 16 e 18 de maio de 2019, trala vitoria de Netta Barzilai e a súa canción «Toy» no certame de 2018. Foi a terceira ocasión na que Israel acolleu o festival, tras organizar as edicións de 1979 e 1999.
O lema desta edición foi Dare to dream («Atrevede a soñar»). Este, para Jon Ola Sand, representa «ser valente e ter a confianza suficiente como para actuar no escenario ante unha audiencia mundial e atreverse a soñar con gañar o Festival da Canción de Eurovisión», representando a diversidade, a inclusión, e a unidade.With just over 200 days until the Grand Final, the slogan of the 2019 Eurovision Song Contest in Tel Aviv has been revealed: Dare to Dream.
Organización Sede do festival Durante a rolda de prensa da gañadora, o supervisor executivo de Eurovisión, Jon Ola Sand, fixo entrega da invitación de acollida, así como do expediente de organizador do seguinte festival á televisión pública israelí, KAN.
O Primeiro Ministro israelí, Benjamin Netanyahu, declarou na súa conta de Instagram que o Festival de Eurovisión 2019 se celebrará en Xerusalén. Porén, este é un asunto que debe ser confirmado oficialmente pola Unión Europea de Radiodifusión e a televisión de Israel.
O Concello da cidade de Xerusalén suxeriu dúas posibles localizacións: o Jerusalem Pais Arena, cunha capacidade de 15.654 espectadores, e o Estadio Teddy Kollek, que podería acoller ata 31.000 espectadores, o cal tería que ser teitado.
A cadea de televisión portuguesa RTP, anfitrioa do Festival de Eurovisión 2018, manifestou a súa capacidade financeira para asegurar a realización do certame en caso de que a UER e o ente público israelí KAN non chegasen a un acordo sobre a sede que asegure a seguridade das delegacións participantes así como de todos os asistentes ao evento.
Trala incerteza creado acerca da elección de Xerusalén como posible sede, provocada pola decisión do goberno dos Estados Unidos de trasladar a súa embaixada á cidade, recoñecéndoa como capital de Israel e provocando un conflito coa Autoridade Palestina, a cidade de Haifa anunciou a presentación dunha candidatura formal, ofrecendo o Estadio Sammy Ofer como recinto potencial. O Estadio Sammy Ofer, con capacidade de 30.000 espectadores, aínda que debería instalarse unha cuberta para acoller o certame. A continuación, anunciouse que se levaría a cabo un proceso de licitación no que, ademais de a Haifa, invitouse a presentar candidatura formal a Xerusalén, Tel Aviv e Eilat. O primeiro ministro Netanyahu declarou entón que o goberno israelí respectaría "calquera decisión" de designación da sede que tome a UER, desdicíndose da súa insistencia anterior por Xerusalén.
Trala inspección por parte da UER dos tres potenciais recintos, o 30 de agosto de 2018 decidiuse que a candidatura de Eilat quedara eliminada, quedando Xerusalén e Tel Aviv como finalistas. O 7 de setembro, a prensa israelí avanzou que o festival se celebraría en Tel Aviv os días 21, 23 e 25 de maio de 2019, aínda que sen oficialización a falta de que a decisión pasara polos distintos estamentos do Estado israelí.
Finalmente, o 13 de setembro de 2018, a UER anunciou que Tel Aviv fora seleccionada como sede.
Cidades candidatas Cidades finalistas Cidade anfitrioa Cidade Sede Capacidade Información Eilat Hangares do Porto de Eilat10 000a candidatura dependía da construción dun pavillón que conectaría dous hangares existentes do porto. Xerusalén Pais Arena Jerusalem15 654 – Tel Aviv Expo Tel Aviv (Pavillón 2)10 000 –
Participantes miniatura|300x300px|Duncan Laurence, dos Países Baixos, logrou o primeiro lugar do festival con 498 puntos, sendo a primeira vitoria neerlandesa en 44 anos. Semi-Final 1 Orde País Artista Canción Lingua PosiciónPuntos01 ChipreTamta"Replay"Inglés914902 MontenegroD mol"Heaven"Inglés164603 FinlandiaDarude feat. Sebastian Rejman"Look Away"Inglés172304 PoloniaTulia"Pali się"Polaco, inglés1112005 EsloveniaZala Kralj & Gašper Šantl"Sebi"esloveno616706 República ChecaLake Malawi"Friend of a Friend"Inglés224207 HungríaJoci Pápai"Az én apám"Húngaro129708 BelarúsZENA"Like It"Inglés1012209 SerbiaNevena Božović"Kruna" Serbio715610 BélxicaEliot"Wake Up"Inglés137011 XeorxiaOto Nemsadze"Keep on Going"Xeorxiano146212 AustraliaKate Miller-Heidke"Zero Gravity"Inglés126113 IslandiaHatari"Hatrið mun sigra"Islandés322114 Estonia Victor Crone "Storm" Inglés419815 PortugalConan Osíris"Telemóveis"Portugués155116 GreciaKaterine Duska"Better Love" Inglés518517 San MarinoSerhat"Say Na Na Na"Inglés8150
Semi-Final 2 + Orde País Artista Canción Lingua PosiciónPuntos01 ArmeniaSrbuk"Walking Out"Inglés164902 IrlandaSarah McTernan"22"Inglés181603 MoldovaAnna Odobescu"Stay"Inglés128504 Suíza Luca Hänni "She Got Me"Inglés423205 LetoniaCarousel"That Night"Inglés155006 RomaníaEster Peony"On a Sunday"Inglés137107 DinamarcaLeonora"Love Is Forever"Inglés, francés109408 SueciaJohn Lundvik"Too Late for Love"Inglés323809 AustriaPÆNDA"Limits"Inglés172110 CroaciaRoko"The Dream"Inglés, croata146411 MaltaMichela"Chameleon"Inglés815712 LituaniaJurij Veklenko"Run with the Lions"Inglés119313 Rusia Sergey Lazarev"Scream"Inglés621714 AlbaniaJonida Maliqi"Ktheju tokës"Albanés99615 NoruegaKEiiNO "Spirit in the Sky" Inglés721016 Países Baixos Duncan Laurence"Arcade"Inglés128017 Macedonia do NorteTamara Todevska"Proud"Inglés223918 AzerbaidjánChingiz"Truth"Inglés5224
Final N.º País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos AlemañaS!sters«Sister» ChipreTamta«Replay» EsloveniaZala Kralj & Gašper Šantl«Sebi» GreciaKaterine Duska«Better Love» República ChecaLake Malawi«Friend of a Friend» San MarinoSerhat«Say Na Na Na»14 IsraelKobi Marimi«Home» AustraliaKate Miller-Heidke«Zero Gravity» BelarúsZena «Like It» EspañaMiki«La venda» EstoniaVictor Crone«Storm» FranciaBilal Hassani«Roi» IslandiaHatari«Hatrið mun sigra» ItaliaMahmood«Soldi» Reino UnidoMichael Rice«Bigger than Us» SerbiaNevena Božović«Kruna»
Outros países
Membros activos da UER
Andorra: o ente público andorrano, RTVA, afirmou o pasado 20 de maio de 2018 que non participaría en Eurovisión 2019, nin noutros eventos da UER, debido ao elevado custo que suporía para a cadea. Bosnia e Hercegovina: o país non retornará en 2019 debido ao conflito derivado da débeda millonaria da BHRT coa UER. Luxemburgo: un ano máis a cadea RTL incidiu no seu escaso interese no Festival, cousa que vén facendo desde 1993. Turquía: o director xeral da TRT deu unha rolda de prensa para tratar o tema de Eurovisión. Nela, Ibrahim Eren fixo unhas declaracións LGTBIfóbicas ao describir o concurso como 'un caos de xénero con representantes tales como Conchita Wurst' e anunciou que non voltarán ata que 'se restablezan os valores normais do concurso'. A UER publicou un comunicado apuntando a que 'están seguros de que Turquía poderá achegar modernidade de novo no futuro'.
Países que non son membros da UER Liechtenstein: 1FLTV, o ente público do país anunciou en novembro de 2017 que "estaba a considerar" o debut do principado en 2019, usando o Liechtenstein Music Contest como formato para escoller representante. Finalmente, o pasado 26 de xullo o Goberno anunciou que o país non debutará, debido á recente morte do seu director.
Nota
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do Festival de Eurovisión, .
Categoría:Edicións do Festival de Eurovisión Categoría:Música en 2019