O río das Gándaras é un curso fluvial galego, afluente do río Tambre pola marxe dereita.
Toponimia Unha «gándara» fai referencia a un terreo baixo, areento, húmido e improdutivo, onde só medra a maleza. Procedería da palabra prerromana ganda, que significa «pedregal».
Percorrido Nace e morre no concello de Vilasantar. O seu nacemento atópase preto de Ril, na parroquia de Barbeito. Atravesa toda esa parroquia así como a de Mezonzo e remata desembocando no río Tambre, preto do Batán. No seu camiño recibe as augas do río das Cernadas, así como doutros regatos menores, e tamén fai mover o mecanismo dun dos poucos batáns que se conservan na Península, e que aínda funciona (agora como pequeno museo), na aldea a que dá nome, O Batán.
Unha ruta de sendeirismo chamada Ruta dos Muíños acompaña o curso do río.
Afluentes Río das Cernadas, desemboca preto de Viladarcas, pola marxe esquerda.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Ríos da provincia da Coruña Categoría:Topónimos de ríos galegos con etimoloxía Categoría:Vilasantar Categoría:Afluentes do Tambre