miniatura|No ano 2010. As termas da Chavasqueira son unha área de augas termais situada en Ourense, na marxe do río Miño. Hai dous recintos, un no ámbito privado e outro no público. Tipos de termas As privadas ofrecen tratamentos de relaxación e de tratamentos de beleza. Tamén se pode gozar dun circuíto termal, piscinas termais ao aire libre, saunas etc. As súas augas presentan unha variedade de temperaturas. As de máis de 60 °C son bicarbonatadas, sulfuradas, sódicas, fluoradas e de mineralización media, apreciadas para tratamentos de reuma, artrite e curas antiestrés. Tamén son boas para despois dunha actividade física importante. As termas de uso gratuíto, son as primeiras que se acondicionaron na cidade para uso e gozo da poboación. A temperatura das súas augas son de entre 43 e 63 °C. Recoméndanse, como as privadas, para tratamentos e actividades físicas. O ambiente das pozas da Chavasqueira está formado por céspede, onde a xente aproveita para tomar o sol no verán.

Accesos Están preto do parque dos bombeiros da cidade e da ponte do Milenio. Tamén se pode ir no autobús número 26 e no tren turístico da cidade, que ten saída na Praza Maior e no Parque de San Lázaro.

Historia Antigamente o lugar coñecíase como Caldas do Bispo, en referencia ao Cardeal Quevedo, que decidiu no século XIX acondicionalas para maior comodidade dos enfermos que acudían a atopar unha cura.

As piscinas atópanse nunha gran zona de céspede e contan con vestiarios, aseos e portelos.

Xunto á beira do río, xa na auga, asómase a escultura dunha serea, obra do escultor Acisclo Manzano. Dependendo do caudal ás veces pode verse e outras non.

En abril de 2019 as instalacións foron destruídas por un incendio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Termas da Chavasqueira, na páxina web Termas de Ourense. Termas da Chavasqueira, na páxina web Turismo de Ourense.

Categoría:Ourense Categoría:Augas termais de Galicia Categoría:Río Miño