O Día das Galegas nas Letras é unha celebración organizada pola plataforma de crítica literaria A Sega que honra anualmente a mulleres que contribuíron de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular como "Señora das Letras".

Comezou a organizarse no ano 2014. Naceu en contraposición do Día das Letras Galegas, ao seren homes a maioría das persoas homenaxeadas nesa celebración. En 2018 dedicouse o Día das Letras Galegas a María Victoria Moreno e en 2024 a Luísa Villalta que foran previamente recoñecidas no Día das Letras Galegas.

Homenaxeadas 2014: Dorothé Schubarth 2015: María Victoria Moreno 2016: María Xosé Queizán 2017: Patricia Janeiro 2018: Marica Campo 2019: Xela Arias 2020: Inma António Souto 2021: Uxía Casal 2022: Luísa Villalta 2023: Aurora Marco 2024: María Mariño 2025: Sara Guerrero

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Día das Letras Galegas Ligazóns externas Páxina web da Sega "A Sega celebra a vida de Marica Campo" Sermos Galiza, 15/8/2018.