Beatriz Suárez Briones, nada en Marín, é unha profesora, escritora, crítica literaria e feminista galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola UNED en 1991. Profesora de crítica literaria na Universidade de Vigo. Foi asesora do presidente da Xunta de Galicia en materia de xénero e dereitos civís durante o bipartito PSOE-BNG (2005-2009). Foi presidenta de Legais. Impulsora dos estudos feministas na Universidade de Vigo, dirixiu o Programa de Posgrao en Estudos de Xénero. Investiga sobre a teoría feminista e lesbiana nas súas intercesións coa teoría da sexualidade, a psicanálise e a escritura; tamén a teoría queer en relación co feminismo e os dereitos da comunidade LGTBI.

Obras Sextualidades, 2003. Las lesbianas (no) somos mujeres. En torno a Monique Wittig, Icaria, 2013. Feminismos lesbianos y queer.

Véxase tamén Outros artigos A Sega Ligazóns externas Beatriz Suárez Briones

Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Feministas de Galicia