Héctor M. Silveiro Fernández, nado en Vilafranca do Bierzo en 1964, é un docente, dinamizador cultural e escritor berciano, membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004 Membros da RAG. Traxectoria
Defensor da lingua e cultura galega no Bierzo, foi un dos fundadores da Asociación Cultural Escola de Gaitas da súa vila natal. Coordinador da Comisión Cultural Martín Sarmiento que organiza anualmente coincidindo coa data de nacemento do ilustrado o Día do galego no Bierzo. É autor de artigos sobre a cultura galega do Bierzo.
Obras
A cultura galega no Bierzo, escrito realizado con Marisa Cela nas Comunicacións do I Congreso da Lingua e da Cultura galegas en Asturias, León e Zamora, editado polo Clube Cultural Adiante (1992) A festa do maio. Unidade Didáctica. Festas anuais I (1993) A experiencia de revitalizar os Maios de Vilafranca do Bierzo, publicado en Levántate maio. Foro dos maios de Ourense, colección Auria nº 8 (2004) Dos megos nos soutos, intervención ante a Real Academia Galega na sesión realizada o 18 de decembro de 2004 e editada baixo o título xenérico A herdanza da lingua. Os campaneiros de Vilagarcía. Obra colectiva xunto con Carlos Rey e Paulo Nogueira. Vigo (2005). Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-340-8. "O castañeiro na tradicción oral: un patrimonio inmaterial", publicado en Un futuro para el castaño. Estudios sobre el castaño en la comarca del Bierzo, editado pola Asociación A Morteira (2010). Palillos de madeira. Os xigantes de Vilafranca do Bierzo (2010) "O teatro romántico da capital histórica do Bierzo e os seus socios fundadores Enrique Gil e Fernández Morales". H. M. Silveiro Fernández. Revista do Instituto Estudios Bercianos. nº 39. p. 213-240 (xullo 2015) "El amigo villafranquino de Enrique Gil: Joaquín del Pino", publicado en Siete ensayos heterodoxos sobre Enrique Gil (2015; con Héctor J. Silveiro Ares) "As cartas autógrafas de Antonio Fernández Morales, un autor berciano no rexurdimento do galego". Revista Bierzo nº 35 (2017) "Tradiciois, terra e identidade na obra de Morales": (2018) no.Boletín da Real Academia Galega (378). ISSN 1576-8767 Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí (2019). RAG.Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí
Notas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Vilafranca do Bierzo Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Castela e León en lingua galega Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Profesores