Control Machete foi un grupo mexicano de música hip hop con orixe en Monterrey. Estaba integrado polo DJ e tecladista DJ Toy Selectah, o vocalista Pato Machete e o vocalista Fermín IV.
Historia do grupo Baixo a produción de Jason Roberts, e con influencias de Cypress Hill, gravaron o seu primeiro álbum Mucho Barato; considerado un precursor do hip hop mexicano, xa que con el o xénero chegou a un nivel máis alto de popularidade. O seu sinxelo "¿Comprendes Mendes?" foi o que lles deu popularidade inmediata e soou intensamente por moito tempo sendo a súa canción máis coñecida.
Logo do éxito de Mucho Barato, Control Machete volveu entrar nos estudos, esta vez para producir un disco máis elaborado que o anterior: Artillería pesada presenta.... Este álbum incluía grandes éxitos como "Sí Señor", e ata se empregou como fondo para un comercial de televisión de Levi's para a Super Bowl, o que lles outorgou éxito internacional.
Discografía Álbums Mucho Barato (1996) Artillería Pesada presenta (1999) Solo Para Fanáticos (2002) Uno, Dos: Bandera (2003)
Véxase tamén
Ligazóns externas Fermín IV Facebook oficial Pato Machete Facebook oficial
Categoría:Grupos musicais de hip hop Categoría:Grupos musicais de México Categoría:Grupos musicais formados en 1996 Categoría:Grupos musicais separados en 2004