O Real Observatorio de Madrid é unha institución científica que se atopa na cidade de Madrid, España. Foi construído en 1790, e dende entón fíxose cargo do traballo realizado previamente polo observatorio da armada da costa de Cádiz.

É a sede do Observatorio Astronómico Nacional de España e do Observatorio Xeofísico Central, ámbolos dous administrados polo Instituto Xeográfico Nacional de España (a través do departamento de Astronomía, Xeofísica e Aplicacións Espaciais).

Historia miniatura|Reconstrución do telescopio de William Herschel, no edificio anexo para a súa exposición. O edificio principal do Real Observatorio de Madrid, deseñado por Juan de Villanueva, comeza a construírse en 1790 no antigo cerrillo de San Blas. Situado a carón do actual Parque do Retiro na rúa de Alfonso XII. Encárgase ó astrónomo William Herschel a construción dun telescopio reflector cun espello de 60 cm de diámetro. Dada a carencia dunha tradición astronómica no país, os primeiros astrónomos do Observatorio inician a súa aprendizaxe en diversos países europeos. Porén, este pulo inicial remata coa guerra contra Francia, que supón a dispersión do persoal e a destrución de equipos, biblioteca e edificacións provisionais.

En 1834 a raíña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias nomea Director do Real Observatorio de Madrid ao ilustrado Domingo Fontán, autor do primeiro mapa (de Galicia) realizado en España con métodos científicos.

En Galicia alt=Placa de latitude na porta da Facultade de Xeografía e Historia da USC, referida ó observatorio Astronómico de Madrid.|miniatura|Placa de latitude na porta da Facultade de Xeografía e Historia da USC, referida ó observatorio Astronómico de Madrid. Escollido como referencia nalgún momento para a medida de latitude en España (en troques de Greenwich, que rematou sendo a norma, París ou outros puntos da xeografía española), a placa de latitude que aparece na porta da Facultade de xeografía e Historia da USC en Santiago está referida a este observatorio.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Observatorios astronómicos Categoría:Madrid